A OEPM convoca subvencións para solicitudes de patentes e modelos de utilidade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), na súa estratexia de incrementar a utilización da propiedade industrial polas empresas españolas e potenciar o seu uso como ferramenta de acceso aos mercados internacionais, convocou subvencións para realizar solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois e no exterior.

O primeiro obxectivo destas axudas é estimular a protección internacional da tecnoloxía a través das patentes ou de modelos de utilidade e, máis concretamente, mellorar a competitividade do sector privado que emprenda a busca de mercados fóra de España. Ademais, preténdese fomentar a protección das invencións nacionais a través de patentes ou de modelos de utilidade tanto da PEME coma das persoas físicas.

As axudas que se convocan son, en primeiro lugar, subvencións á extensión dunha solicitude dunha patente ou dun modelo de utilidade ante as oficinas nacionais de países terceiros ou oficinas rexionais de patentes, no marco de procedementos de concesión de patentes ou de modelos de utilidade nacionais ou rexionais, contemplando os trámites de solicitude, informe de busca, exame ou concesión, anualidades e validación de patente europea.

Ademais, convócanse subvencións ás actividades realizadas dentro do procedemento internacional PCT, contemplando os trámites de solicitude, busca internacional ou exame preliminar.

Por último, concederanse subvencións ás solicitudes de patentes e modelos de utilidade españois, comprendendo os trámites de solicitude e/ou informe de busca (IET).

A formalización e presentación de solicitudes tense que realizar por vía telemática, a través da Sede Electrónica da OEPM e o prazo de presentación remata o 4 de xullo de 2013.

A convocatoria está publicada no BOE do 4 de xuño.

(Fonte: OEPM)