O sector biotecnolóxico pide adiantar os créditos fiscais á I+D

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

A Asociación Española de Bioempresas (Asebio) leva varios meses tratando de que o Goberno aprobe unha modificación dos incentivos fiscais á investigación, de modo que poidan cobralo de forma anticipada tamén as empresas en perdas e que invistan máis do 30% das súas vendas en I+D.
 
A idea é que se outorgue ás compañías o diñeiro que lles correspondería da cota de imposto de sociedades en función do seu investimento. Estas empresas non pagan este imposto, ao ter perdas, pero "estes estímulos perden eficacia pola falta de inmediatez", porque non se van cobrar "ata que non teñan beneficio", explicou José María Fernández-Sousa, presidente de Asebio.
 
Segundo o cálculo realizado pola patronal, en total, o importe desta medida suporía para o Estado unha achega ao sector, a partir de 2012, de arredor duns 65 millóns de euros.
 
A asociación mantivo conversacións cos distintos grupos políticos e parlamentarios para intentar introducir esta reforma na Lei de acompañamento dos presupostos xerais do estado de 2011, na Lei de economía sustentable e na Lei de Ciencia, recentemente aprobadas. Non obstante, non o conseguiron.
 
Fernández-Sousa avanzou que non están a pedir nada que non exista. De feito, este mecanismo xa existe tal cal en Francia, onde a medida consiste na "devolución inmediata do importe das deducións do período 2005-2008 aínda non imputadas ao imposto de sociedades”.
 
(Fonte: Cinco Días)