O proxecto europeo Celluwood desenvolve un material ecolóxico laminado para a construción

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O obxectivo do proxecto 'Celluwood', impulsado pola Unión Europea, é utilizar materiais de construción resistentes e con baixa pegada de carbono procedentes de madeira de bosques xestionados de xeito sustentable mediante a innovación no uso de nanotecnoloxías e microtecnoloxías en enxeñería da madeira; introducir novas tecnoloxías procedentes doutros sectores (cobertura de celulosa, reforzado a través de biocomposites) para a eliminación e reparación de defectos na madeira; laminar materiais de construción resistentes; e desenvolver, ensaiar e demostrar novos produtos.
 
O programa de traballo deste proxecto de I+D internacional parte da fabricación de unións dentadas (finger-joints) xa existentes que serán remprazadas por unións biseladas (scarf-joints) reforzadas (scarf-joints) con fibras naturais. O encolado das caras laminadas realizarase con membranas celulósicas innovadoras en lugar de con colas derivadas de material petroquímico. Nos casos en que sexa necesario, as seccións estruturais reforzaranse sumando laminacións estratexicamente localizadas con composites de fibras naturais que poderán proceder de fibras resistentes de cultivos como liño, cánabos e estrugas. Estas fibras desenvolveranse ao mesmo tempo que as membranas de recheo das partes ocas das seccións estruturais, partes que aparecen cando a madeira ten defectos como nós, gretas, etc.
 
Os materiais de construción que se desenvolverán no proxecto serán resistentes, con baixas emisións de dióxido de carbono, reducirán a enerxía embebida nas estruturas dos edificios, crearán novas oportunidades de captura e almacenamento de CO2, minimizarán a ponte térmica entre as capas de illamento e mellorarán as posibilidades dun reciclado de baixo impacto dos residuos da demolición dos edificios.
 
O resultado sectorial máis destacado do proxecto será a apertura dun novo mercado para a madeira en construción. Isto estimulará as economías das zonas rurais e fará promoción da repoboación e a xestión dos bosques con valores ambientais engadidos. Como resultado deste novo mercado, espera reducir a pegada de carbono no sector da construción en Europa, xa que a madeira substituirá outros materiais cunha maior pegada de carbono tradicionalmente utilizados neste sector (por exemplo, aluminio e formigón).
 
Dada a alta especialización en madeira que precisa o proxecto, nel participa o Departamento de Tecnoloxía e Biotecnoloxía da Madeira de AIDIMA, que conta con ampla experiencia en madeira estrutural, en avaliación non destrutiva desa madeira, en novos materiais derivados da madeira e no cálculo estrutural de estruturas innovadoras ou singulares deste material. Dentro de AIDIMA, o proxecto está coordinado e dirixido tecnicamente por Miguel Ángel Abián, responsable do anterior departamento e da Área de Construción de Madeira, así como premio Schweighofer de investigación da madeira no ano 2009.
 
(Fonte: Construible)