O primeiro software de seguridade multidispositivo é valenciano

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa valenciana S2 Grupo será a responsable de coordinar o proxecto europeo 'MUSES', que supón o nacemento do primeiro software de seguridade corporativa multidispositivo. O obxectivo desta nova ferramenta é fomentar a seguridade tecnolóxica das compañías mediante a redución dos riscos introducidos polo comportamento do usuario

Os responsables da nova ferramenta aseguran que no momento actual crece "a deslocalización da información, o acceso dende dispositivos heteroxéneos e a mestura das actividades persoais e profesionais". De feito, respecto a este último punto, cada vez está máis implantada en grandes organizacións a tendencia BYOD, que permite aos empregados usar os seus propios dispositivos no ámbito laboral. Este contexto impulsou a posta en marcha do proxecto de I+D+i MUSES, que suporá a creación dunha plataforma pioneira que permitirá aos empregados acceder de forma protexida aos datos corporativos dende calquera lugar ou dispositivo.

Mediante un software que se instala tanto na sede da empresa como nas diferentes terminais (PC, tablet ou smartphone), proporcionará un sistema de seguridade que, a xeito de paraugas, protexerá o acceso dos empregados á información corporativa dende calquera punto.

(Fonte: Innovaspain)