O primeiro libro intelixente do mundo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Inquire preséntase como "un prototipo dun libro de texto intelixente que responde ás preguntas dos estudantes". Trátase en realidade dun proxecto de aplicación para iPad que pretende cambiar a forma de ler e estudar.

A pantalla mostra en principio unha columna cun libro tradicional, cos seus parágrafos máis ou menos comprensibles para os estudantes. Non obstante, o Proxecto Inquire alberga sorpresas. Para empezar, cada palabra relevante aparece acompañada, á dereita, de preguntas relacionadas e respostas que, coa axuda de Wikipedia, nos aclaran ese termo. É máis, cada estudante pode introducir a súa propia busca, e o software construirá unha nova páxina coa resposta axeitada.

Á primeira vista, Inquire só é unha versión intelixente de Bioloxía de Campbell, un clásico das aulas. Non obstante, o proxecto vai máis alá. "A transición aos libros de texto dixitais debería ser máis que un cambio superficial do medio no que lemos. Por iso buscamos un exemplo de como a intelixencia artificial pode mellorar a aprendizaxe dos estudantes", afirman na súa web.

A medida que o estudante le, Inquire anima a unha "lectura activa" con termos clave e preguntas que poden axudar ao estudante a reflexionar sobre o tema no que está enfrascado. Mesmo á hora de facer os deberes, propón preguntas específicas con enlaces a contido relacionado. Neste vídeo apréciase con máis detalle o funcionamento do software.

Nun estudo realizado en xaneiro deste ano, probouse Inquire cun grupo de 24 estudantes. Uns utilizaron a nova tecnoloxía para preparar o exame. Outros, un libro tradicional. Segundo parece, os estudantes de Inquire recibiron puntuacións significativamente máis altas.

(Fonte: ABC)