O Premio Emprendedor XXI gratificará con 100.000 euros a compañía máis innovadora de España

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Caixa e a Empresa Nacional de Innovación (Enisa) convocaron a sexta edición do Premio Emprendedor XXI, o galardón para este colectivo de empresarios con maior dotación económica do país, con galardóns para 42 firmas e unha gratificación principal de 100.000 euros para a compañía máis innovadora de España.
 
A edición deste 2012 conta con dúas categorías, unha dirixida a proxectos cunha traxectoria inferior a dous anos e outra para empresas innovadoras cunha traxectoria de entre dous e sete anos. Para a sección de emprendedores iniciais, a presentación de solicitudes péchase o 9 de maio, mentres que no outro caso se estende ata o 30 de xuño.
 
Os gañadores das diversas categorías poden aspirar a unha corentena de premios, que inclúen achegas económicas de diversas contías, actividades de formación en escolas de negocios e a participación nunha ponte tecnolóxica en Silicon Valley (Estados Unidos).
 
Nas últimas cinco edicións, máis de 1600 compañías españolas participaron no Premio Emprendedor XXI e máis dun centenar resultaron galardoadas. O gañador da edición de 2011 foi a empresa navarra Orbital Aerospace, dedicada ao deseño e implementación de software crítico para o sector aeronáutico.
 
(Fonte: Innovamás)