O potencial creativo das empresas españolas non se traduce en innovación, segundo o Índice Cultura da Innovación España 2015

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
España é un país con profesionais e cidadáns innovadores, pero con grandes carencias nos ámbitos do liderado e os procesos. Esta é unha das conclusións que se extraen do Índice Cultura da Innovación (ICI) España 2015, elaborado pola Asociación Española da Calidade (AEC), en colaboración con Dícere.

O estudo tamén determina que nas empresas españolas existe confianza interna, bo ambiente e creatividade. Non obstante, ese potencial creativo non se traduce en innovación.

Mentres que os profesionais cren na innovación e están dispostos a abordar proxectos "disruptivos", as empresas teñen dificultades, dende os procesos internos imprescindibles, para levar esta creatividade á conta de resultados.

A innovación, como calquera disciplina, require de procesos internos e recursos diferenciados para o seu desenvolvemento pleno. Segundo os responsables do estudo, para que unha innovación sexa considerada como tal, é necesario que fose levada dende a ideación ata o mercado.

A ausencia de liderado e a escaseza de medios, como a falta de tempo e espazo ou a imposibilidade de acceso a expertos, son os principais obstáculos polos que a innovación non consegue levarse á práctica como disciplina diferenciada nas empresas españolas, a pesar de que os seus empregados "son creativos e se senten cómodos con iso". Así mesmo, a ausencia de incentivos, a pouca flexibilidade ou a falta de adestramento son algúns dos factores peor valorados polos traballadores en relación á innovación.

Datos da enquisa

O Índice Cultura da Innovación España 2015 é froito dunha macroenquisa que mediu o clima innovador nas empresas, contando coas opinións e valoracións de máis de 9000 empregados pertencentes a 69 empresas de todo o país.

Destaca a alta participación das pemes, cun total de 43 empresas. Por sectores, resulta significativa a intervención do sector industria (encabezado polos subsectores aeroespacial e construción, materiais e instalacións), seguido do sector dos servizos, con ampla representación de servizos profesionais, consultoría e auditoría, así como de IT, software, informática e electrónica.

(Fonte: Innovamás)