O pavimento intelixente para cidades de todo o mundo fabricarase en España

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O iPavement, pavimento intelixente con opcións de conexión e funcións de información para os cidadáns, será fabricado en España e exportado a Europa, Estados Unidos e Emiratos Árabes.

A compañía española Vía Intelixente fabricará un revolucionario pavimento intelixente que cubrirá rúas e prazas incorporando un sistema operativo, apps e sensores, destinados a ofrecer múltiples servizos aos cidadáns.

O iPavement fabricarase en España, dende onde se exportará a Europa, Estados Unidos e Emiratos Árabes.

iPavement constitúe unha nova xeración de pavimento intelixente. Grazas ao seu sistema operativo, Viacities Os, integra servizos como planos da cidade e do transporte público, ocio, bibliotecas virtuais, así como un acceso a Internet e información dos principais eventos da cidade. A conexión a todos estes servizos realízase de forma sen fíos, mediante Wi-Fi e mensaxes Bluetooth, directamente aos móbiles, 'tablets' e demais dispositivos.

A tecnoloxía preséntase en dous formatos, clásico e accesible, este último, en cumprimento da normativa de accesibilidade universal, é podotáctil (acanalado) para persoas invidentes ou con visibilidade reducida.

O sistema permitirá enviar avisos aos usuarios de calquera tipo de incidente na calzada, de forma que se poderán previr danos ocasionados pola deterioración ou dano das rúas. A versión iPavement levará incorporado un sensor de vibración e temperatura, co que se poderá coñecer rexistros de ocupación media da vía pública, ruídos, vibracións, e mesmo, poderá sincronizarse cos servizos municipais para actuacións en xeadas e alertas.

Ademais destas opcións, este pavimento intelixente conta cunha aplicación denominada Via Book, que será a primeira biblioteca no pavimento que permita a publicación e distribución de obras locais.

Outra aplicación interesante é Via Maps, pensada para turistas e viandantes. Via Sound e Via Coupons son outras dúas aplicacións que permiten reproducir música ou redifundir eventos que se produciran na cidade.

(Fonte: Spain Technology)