O MIT converte a Málaga en referente tecnolóxico mundial

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Málaga converterase esta semana nunha referencia mundial da tecnoloxía, grazas ao Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT). Este centro, que acumula unha gran cantidade de premios Nobel, celebrará o 26 e 27 de outubro na cidade andaluza o seu prestixioso congreso EmTech sobre tecnoloxías emerxentes, por primeira vez en Europa.
 
Pedro Moneo, organizador do congreso e director de Technology Review en español (a revista de tecnoloxía máis antiga do mundo, publicada polo MIT), explicou que o instituto estadounidense, "consciente da globalización e de que debe buscar os berces da tecnoloxía do mundo, levou recentemente este congreso a China e á India, e agora o trae a Europa".
 
Os organizadores esperan reunir entre 400 e 600 persoas de todo o mundo. Empresas, emprendedores e fondos de investimento compartirán proxectos sobre as tecnoloxías que previsiblemente cambiarán o mundo nos próximos 10 anos. "Un bo caldo de cultivo", dixo Moneo, que explicou que na cita se debaterá sobre as cidades intelixentes, o futuro de internet e os medios de comunicación, a nanotecnoloxía, os videoxogos, a biotecnoloxía ou a robótica aplicada á exploración espacial.
 
O congreso terá un espazo para o "talento emerxente español", coa primeira edición dos premios TR35 Spain, na que se premiará os 10 mozos menores de 35 anos cos proxectos máis punteiros. Mark Zuckerberg, o fundador de Facebook, recibiu este premio en EE UU en 2007 e o cofundador de Google, Sergey Brin, en 2002.
 
(Fonte: Cinco Días)