O Ministerio de Agricultura convoca axudas á innovación tecnolóxica no medio rural

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio convocou axudas á innovación tecnolóxica no medio rural para o exercicio 2013, cunha dotación total de 631.530 euros.

Os beneficiarios destas axudas serán organizacións profesionais agrarias de carácter xeral, organizacións sindicais e organizacións que representen a colectivos con dificultades de inserción que estean vinculadas ao medio rural, así como entidades constituídas en Redes de Desenvolvemento Rural. Tamén se inclúen as federacións de comunidades de regantes e entidades relacionadas coa conservación da natureza, o fomento da produción ecolóxica e o desenvolvemento ssustentable do medio rural.

Segundo establece a Resolución, as subvencións outorgaranse aos beneficiarios para as actividades desenvolvidas dende o 1 de xaneiro ata o 15 de novembro de 2013.

Estas axudas destinaranse a custear os gastos correspondentes a redes e aulas telemáticas con aplicación das tecnoloxías da información, así como a programas informáticos para a aplicación didáctica e divulgativa no medio rural, incluída a aplicación de tecnoloxía de banda ancha.

Tamén serán subvencionables os gastos de deseño, desenvolvemento e xestión de aplicacións e plataformas tecnolóxicas que faciliten o traballo en rede, a formación e o tele traballo, así como os de ferramentas informáticas e novas tecnoloxías en xeral destinadas á sistematización de toma de datos socioeconómicos e técnicos para a súa posterior análise, tratamento e divulgación.

En canto á contía individual da axuda, esta non poderá superar o 80% do importe subvencionable da actividade a realizar en cada exercicio. Máis información en http://www.magrama.gob.es/.

(Fonte: Innovaticias)