O informe do Consello Empresarial para a Competitividade destaca a biotecnoloxía como sector clave de crecemento

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Consello Empresarial para a Competitividade (CEC) presentou na Fundación Rafael del Pino o informe España, un país de oportunidades, no que inclúe a biotecnoloxía como un dos sete sectores clave para converter o país nun caso de éxito. Inclúeo xunto a sectores como o turismo, a automoción, as TICS, o sector agroalimentario, o aeroespacial e o franquiador.

O CEC está formado por os máximos directivos de Telefónica, El Corte Inglés, Mango, Banco Santander, Repsol, Acciona, La Caixa, BBVA, Mapfre, Inditex, Grupo Planeta, ACS, Ferrovial, Mercadona, Iberdrola, e o Instituto da Empresa Familiar representado por Grupo Barceló, Osborne e Havas Media Group.

O presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, en representación CEC, explicou que España levou a cabo reformas importantes que están a sentar as bases para unha recuperación económica no curto prazo.

Unha das características que máis destaca este informe da biotecnoloxía é o seu dinamismo nos últimos anos, sobre todo dende 2006. Destaca que segundo datos do INE, o número de empresas biotecnolóxicas (defíneas como "aquelas que realizan I+D" en biotecnoloxía"), se duplicou, cun aumento superior ao 240%, entre 2006 e 2011, mentres que o emprego aumentou un 98%. Resalta que durante os anos da crise a industria non deixou de crecer, creándose dende 2008 máis de 250 novas empresas biotecnolóxicas, cunha creación neta de emprego de máis de 3000 postos de traballo.

(Fonte: EFE)