O ICO e a CEG potenciarán o acceso ao financiamento de autónomos e empresas galegas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O Instituto de Crédito Oficial (ICO) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) subscribiron un convenio polo que ambas as dúas entidades traballarán conxuntamente para potenciar o acceso de autónomos e pequenas e medianas empresas (pemes) de Galicia aos programas de financiamento directo do ICO.
 
O ICO, a través da súa canle de banca minorista, ofrece a posibilidade de solicitar financiamento a través de ICOdirecto ou de ICO-SGR para desenvolver proxectos de investimento ou cubrir necesidades de liquidez.
ICOdirecto é un produto dirixido a autónomos e pemes, con máis dun ano de antigüidade exercendo a súa actividade empresarial, que queiran solicitar directamente ao ICO un empréstito para financiar investimento ou liquidez por importe máximo de 200.000 euros.
 
A través de ICO SGR os autónomos e empresas poden solicitar empréstitos directamente ao ICO de ata 600.000 euros para financiar investimento ou liquidez. As operacións que son aprobadas están avaladas ao 100% polas Sociedades de Garantía Recíproca. O ICO pola súa parte a través de CERSA, avala as SGR o 50% das operacións formalizadas.
 
Co acordo alcanzado entre ambas as dúas institucións, os autónomos e pemes galegos que requiran asesoramento durante o proceso de solicitude de ICOdirecto ou de ICO-SGR poden poñerse en contacto coa organización empresarial galega, onde lles indicarán como completar a súa petición de financiamento. Ademais poderán informarse sobre a documentación que teñen que achegar, especialmente aquela de tipo financeiro.
 
A CEG prestará o seu labor de difusión e asesoramento ás empresas galegas sobre estes produtos financeiros en colaboración coas confederacións provinciais de empresarios da Coruña (CEC), Lugo (CEL), Ourense (CEO) e Pontevedra (CEP).
 
Así mesmo, este acordo contempla a organización conxunta de xornadas informativas e formativas dirixidas a autónomos e empresas sobre os instrumentos financeiros que xestiona o ICO.
 
(Fonte: ICO)