A duración do Programa será de 24 meses dende a concesión da axuda. ICEX Next conta cun total de 60 horas de Asesoramento personalizado ás empresas (30 horas obrigatorias +30 horas opcionais), prestado por expertos en distintos ámbitos da internacionalización e competitividade exterior.
A empresa poderá, en función das características do seu modelo de negocio no exterior e do grao de desenvolvemento da súa estratexia internacional, seleccionar aqueles expertos que lle sexan de maior utilidade. Así mesmo, apoia gastos de promoción para que as empresas poidan poñer en marcha a estratexia de internacionalización planificada. As empresas acollidas a este Programa poderán beneficiarse doutros apoios incluídos dentro dos Servizos Club Next.
As empresas interesadas poderán realizar a súa preinscrición no Programa a través da web de ICEX e mantense aberta ata o 31 de decembro de 2013. Despois un consultor externo realizará unha análise do modelo de negocio e potencial internacional da empresa que elixirá as empresas admitidas ao Programa en virtude dos seguintes criterios de selección: calidade, solidez e viabilidade do modelo de negocio da empresa e sustentabilidade futura do proxecto de exportación; e factores de competitividade diferenciais, de base tecnolóxica, intensivas en deseño, innovadoras e/ou forte capacidade de crecemento internacional.
Máis información aquí.
(Fonte: Emprendia)