O Hall da Innovación e a libre participación, principais novidades dos Premios Expobioenergía 2012

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Os Premios á Innovación Tecnolóxica organizados por sétimo ano consecutivo por Expobioenergía renóvanse e actualizan. Como principal novidade a convocatoria ábrese a todos aqueles interesados en participar e que achegasen innovacións tecnolóxicas no campo da bioenerxía.

Os organizadores buscan así incrementar a participación dando cabida a todos os proxectos, produtos e servizos innovadores, independentemente de que os promotores destes sexan ou non expositores ou colaboradores do evento, aumentando así o compoñente tecnolóxico e especializado do certame.

Por outro lado, as candidaturas contarán cun espazo propio na feira. Os organizadores van habilitar unha zona de divulgación, aberta de forma permanente durante a celebración da feira e de libre acceso aos visitantes, onde se exporá unha selección dos proxectos, produtos ou servizos que concorran ao Premio. Con este novo espazo, que recibirá o nome de Hall da Innovación, trátase de favorecer a aparición dun novo punto de encontro para os profesionais, ao mesmo tempo que ofrece unha nova plataforma para expoñer e difundir as últimas innovacións sobre as numerosas vantaxes das aplicacións da bioenerxía para profesionais e consumidores.

Así mesmo, á marxe do carácter tecnolóxico e do grao de innovación, as candidaturas tamén serán sometidas a criterios de orixinalidade, aplicabilidade e aforro enerxético, para determinar a opción gañadora.

As Bases dos Premios así como a Solicitude de Participación xa están dispoñibles en www.expobioenergia.com. Os interesados poden contactar con info@expobioenergia.com ou chamar ao 975 239 670. O prazo para a presentación de candidaturas conclúe o 28 de setembro.

Un premio e dous accesits

Os premios convocados anualmente por Expobioenergía transfórmanse en 2012. Nesta edición desaparecen as 4 categorías nas que se dividían os galardóns, de tal forma que todas as candidaturas competirán por un único premio de 3.000€ e dous accésits sen dotación económica.

Por outro lado, aínda que dentro tamén das actividades paralelas, Expobioenergía 2012 reedita os xa habituais escenarios de promoción e difusión para expositores e aliados. A Sala de Presentacións Técnicas, nesta edición Sala Bronpi, posto que adopta o nome do fabricante español que patrocina o espazo, estará a disposición dos expositores interesados en explicar, durante media hora, os seus proxectos e novidades. O acceso á sala é gratuíto e o uso desta en calidade de relatores está restrinxido aos expositores da mostra.

Da mesma maneira, os organizadores facilitarán salas para albergar as sesións técnicas nas que se enmarcan as reunións, asembleas e presentacións de proxectos por parte dos aliados de Expobioenergía. Tamén están confirmadas varias xornadas técnicas por parte de mediapartners e doutros organismos e entidades interesados en aproveitar o marco profesional que ofrece a feira para convocar xornadas específicas e monográficas sobre bioenerxía.

(Fonte: Energética XXI)