Esta predición foi moi revisada e criticada polo seu 4,1% de crecemento no seu prognóstico previo. Ese fallo debeuse a un crecemento inferior ao esperado no gasto en dispositivos persoais, dende smartphones ata tabletas, segundo recolle SmartPlanet.
O principal motivo deste lento crecemento é a caída das vendas de ordenadores. As compras de novos dispositivos que sairán á venda o segundo semestre do ano non serán suficientes para levantar o mercado dos PC tradicionais.
O dato máis alentador que experimentará o mercado son os ingresos por vendas de tabletas, que crecerán un 38,9% respecto ao ano anterior.
(Fonte: ABC)