O evento de tecnoloxía Betabeers chega a Tecnópole en outubro

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O evento de tecnoloxía Betabeers celebrarase o próximo 26 de outubro en Tecnópole. Esta reunión mensual para desenvolvedores de servizos web ou apps móbiles chega por primeira vez a Ourense despois de ter pasado por outras cidades galegas, como Coruña, Santiago e Vigo.

Betabeers ten por obxectivo relacionar a persoas do sector a través do coworking e mostrar as últimas tecnoloxías ou innovacións en desenvolvemento a través de talleres curtos. Esta actividade congrega  persoas motivadas que están traballando en proxectos interesantes e queren compartilos. Búscase cubrir catro áreas de interese: encontro de desenvolvedores web e apps, charlas de desenvolvemento, presentacións de startups e networking.

As reunións de Betabeers, que teñen carácter gratuíto, son un punto de encontro para profesionais con espírito emprendedor, programadores frontend e backend, deseñadores, investidores e asesores.

O encontro celébrase en horario de tarde e o número estimado de participantes é de 35 persoas. Nel realizarase a presentación de proxectos para demostrar que non só en Silicon Valley se poden xerar negocios interesantes,

O formato, lixeiro e informal, comeza coa presentación de proxectos, unha rolda de exposicións de 15 minutos na que calquera persoa pode presentar o seu servizo web ou app e contar cales son as tecnoloxías que se usaron para o proxecto. A continuación celébranse talleres sobre as últimas tecnoloxías e innovacións no sector e finalmente os participantes vanse xuntos a compartir unha cervexa para compartir ideas e facer contactos.

O pre-rexistro pode formalizarse pinchando aquí.

(Fonte: Tecnópole)