O español Leceta dirixirá o Instituto Europeo de Innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O español José Manuel Leceta, ata agora responsable internacional do CDTI, será o novo director do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT, nas súas siglas en inglés), tras o seu nomeamento o pasado venres. Leceta terá o seu cuartel xeral en Budapest, onde a institución ten a súa sede central, durante os próximos catro anos.
 
O novo director do EIT é un respectado especialista en innovación económica e foi responsable internacional da Axencia Española de Innovación durante os últimos seis anos. Leceta é enxeñeiro técnico e conta cunha grande experiencia na colaboración internacional. O directivo é un gran defensor do potencial das alianzas paneuropeas para impulsar a capacidade de innovación no Vello Continente.
 
Como director do EIT, Leceta levará a innovación ao campo da educación, a actividade emprendedora e a creación de novos negocios.
 
(Fonte: Cinco Días)