O Colexio de Químicos de Galicia convoca o VII Premio Rivas Marqués á Innovación e Divulgación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Colexio Oficial de Químicos convocou o VII Premio Ignacio Rivas Marqués á Innovación e Divulgación Científico-Técnica no campo da ciencia e a tecnoloxía química en Galicia.

Os participantes, que deberán ser titulados químicos, poderán presentar traballos individuais ou en equipo que aborden estudos inéditos de divulgación científica ou de aplicación práctica con marcado interese para Galicia.

O prazo de presentación dos traballos inéditos finalizará o próximo 2 de novembro. A resolución do xurado e a entrega do premio celebrarase o 16 de novembro, segundo informou a entidade colexial.

(Fonte: Innovamás)