O Clúster da Loxística e dos Transportes de Galicia representará un sector con máis de 43.000 traballadores

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Galicia conta cunha nova agrupación innovadora. Trátase do Clúster da Loxística e do Transporte de Galicia, que se creou con máis de 80 adheridos entre socios, membros estratéxicos, colaboradores e membros institucionais.
 
O director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Anxo Bernardo Tahoces; e o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín; presidiron a súa constitución, que celebrou a súa primeira xunta directiva en Santiago.
 
Este clúster representa ao sector de loxística, unha actividade que supón o 4,5% do emprego en Galicia, con máis de 43.200 traballos directos e preto de 20.000 indirectos.
 
O seu presidente, Aníbal Blanco Vila, declarou que esta nova entidade nace co obxectivo de integrar as demandas e necesidades dos principais sectores industriais de cara a impulsar o crecemento económico da Comunidade. Esta organización representa unha importante oportunidade para situar a Galicia como espazo loxístico de referencia e como un apoio para o desenvolvemento e a internacionalización do sistema empresarial galego.
 
Para a súa constitución foi fundamental o apoio da Xunta de Galicia que, nesta lexislatura proporcionou axuda para formación e consolidación de clusters por valor de 6 millóns de euros.
 
(Fonte: Innovamás)