O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia recibe o I Premio Fedit de Innovación 2011

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O VI Encontro Fedit de Centros Tecnolóxicos, celebrado en Málaga, serviu de escenario para a entrega do I Premio Fedit de Innovación, que este ano se enmarcou no Ano Internacional da Química 2011. O xurado galardoou a iniciativa titulada ''Deseño sistema catalítico de eliminación de contaminantes en vehículos diésel'', presentada polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).
 
O obxectivo deste proxecto é dar resposta a unha das problemáticas máis graves da actualidade: o aumento das emisións contaminantes. No caso particular dos motores diésel, os principais gases emitidos son o monóxido de carbono, os hidrocarburos, as partículas de feluxe ou material particulado e os óxidos de nitróxeno (NOx).
 
Actualmente, a feluxe e os NOx son os dous contaminantes que seguen formulando dificultades á hora de ser reducidos nos motores diésel. Para conseguir unha redución destes dous elementos, este proxecto formulou, deseñou e construíu un sistema catalítico de eliminación de emisións para este tipo de motores, sumando as sinerxías de CTAG e da Universidade de Química de Alacante. Para iso, foi necesario abranguer dende a química máis fina á química aplicada.
 
Este proxecto foi subvencionado polo Ministerio de Ciencia e Innovación baixo o Subprograma Proxectos de Investigación aplicada Colaborativa 2009. Así mesmo está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
 
(Fonte: Innovamás)