O Centro Tecnolóxico da Carne prestará servizos de apoio á Asociación Galega da Carne

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) firmou a semana pasada un contrato coa Asociación Galega da Carne (Asogacarne) para prestarlle servizos de apoio baseándose na súa experiencia de soporte á industria do sector.

Estes servizos, que terán carácter administrativo, técnico e de apoio, terán como obxectivo principal consolidar e promover a actividade de Asogacarne. O acordo foi firmado nas instalacións do CTC en Tecnópole polo presidente da entidade asociativa, Emilio Pedro González Iglesias, e polo director xerente do CTC, Miguel Fernández Rodríguez.

Mediante este contrato, as dúas entidades colaborarán coa vista posta no desenvolvemento tecnolóxico das empresas galegas relacionadas co sector cárnico en todos os seus ámbitos de actividade e en relación a todas as cabañas existentes.

Ademais de fomentar a I+D, as dúas entidades desenvolverán accións conxuntas para a mellora dos servizos á industria, como a creación dun observatorio sobre o sector cárnico de Galicia; a elaboración de estudos; a publicación dun boletín informativo online no que se recollerán as principais noticias relacionadas con esta actividade, os eventos da asociación, a lexislación aplicable ao sector, etc.

Segundo os seus promotores, a importancia deste acordo e o éxito dos seus obxectivos está avalado pola ampla base de asociados de Asogacarne –que integra aos matadoiros, ás salas de despece e ás industrias de fabricación e elaborados cárnicos máis representativas do sector galego– e pola intensa actividade do CTC nos campos da I+D+i, da transferencia de tecnoloxía, da formación e dos servizos a empresas.

(Fonte: CTC)