O CDTI publica a convocatoria do programa FEDER-Innterconecta, con 110 millóns en axudas á innovación empresarial

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) a convocatoria 2015 do programa FEDER-Innterconecta, destinado a fomentar a innovación empresarial.

Os proxectos obxecto de axuda serán proxectos de desenvolvemento experimental en cooperación, cun presuposto financiable de entre 1 e 4 millóns de euros, con carácter plurianual (2/3 anos) e deberán desenvolverse nunha comunidade autónoma destinataria de fondos FEDER (Galicia, Andalucía, Asturias, Canarias, Castela A Mancha, Estremadura, Murcia, Ceuta e Melilla). Ademais, as temáticas dos proxectos presentados deberán responder a algún dos oito retos sociais establecidos na convocatoria.

Poderán optar a estas axudas agrupacións de empresas constituídas por entre dúas e seis empresas, das que polo menos unha delas deberá ser grande ou mediana e outra, peme. Este ano introdúcese como novidade a eliminación da obrigatoriedade de subcontratar a un organismo público de investigación, non obstante valórase entre os criterios de avaliación.

A dotación total da convocatoria ascende a 110 millóns de euros cofinanciados con fondos FEDER, en formato de subvención, e a contía de cada axuda dependerá do custo financiable real do proxecto, do tipo de beneficiario e da dispoñibilidade presupostaria, oscilando a intensidade da axuda máxima entre un 40% para as grandes empresas, un 50% para as medianas e un 60% para as pequenas empresas.

O prazo de presentación de solicitudes será do 30 de abril ao 30 de xuño ás 12 horas e para cubrir a solicitude deberá realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica do CDTI.

Texto da convocatoria.

(Fonte: Gain)