O CDTI pon en marcha unha liña de apoio ao crecemento e a internacionalización baseados na innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) pon en marcha a Liña de Innovación Global, que ten como obxectivo financiar proxectos empresariais para potenciar o crecemento e internacionalización mediante investimentos en innovación.

Esta liña permitirá financiar a modernización tecnolóxica das empresas españolas tanto nas súas instalacións en España como fóra do territorio nacional, sempre que non supoñan a deslocalización das compañías. Están destinadas tanto a pemes como a empresas de mediana capitalización (MidCaps).

Os investimentos realizados no estranxeiro poderanse vehicular a través de compañías mixtas -sempre que consoliden contas coa empresa española- ou ben a través das filiais, sucursais e establecementos no estranxeiro.

Os proxectos que opten a esta liña -cuxa duración máxima non debe exceder os 24 meses- deberán ter un presuposto mínimo financiable de 667.000 euros.

Con carácter xeral, a cobertura financeira poderá alcanzar ata o 75% do presuposto total financiable de cada proxecto e o prazo de amortización será de 7 anos.

Considéranse investimentos financiables a adquisición de activos fixos novos relacionados coa innovación que se pretende implantar, a contratación de servizos externos e as subcontratacións e gastos de auditoría.

Todos os investimentos e gastos deberán ser posteriores á data de presentación de cada proposta. No caso dos investimentos no estranxeiro, o financiamento concederase á empresa española pero a execución corresponderá á filial ou compañía mixta constituída no estranxeiro.

Máis información aquí.

(Fonte: CDTI)