O CDTI lanza axudas para proxectos empresariais de investigación industrial

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O CDTI destinará este ano 150 millóns de euros na segunda convocatoria do Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CEN), tras o éxito da primeira que tivo lugar en 2014.

Este programa financia grandes proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental realizados por consorcios empresariais, co obxectivo de desenvolver unha investigación planificada en áreas estratéxicas de futuro e con potencial proxección internacional. A convocatoria permanecerá aberta ata o 5 de maio de 2015.

Cada consorcio participante deberá estar constituído por un mínimo de tres e un máximo de oito empresas, das que polo menos dúas delas deben ser autónomas e, como mínimo, unha será peme. En calquera caso, todos os proxectos deberán ser liderados por grandes ou medianas compañías. Co obxecto de fomentar a colaboración público-privada, o 15% do presuposto total de cada proxecto aprobado deberá ser subcontratar a organismos de investigación; un dos cales, polo menos, será de titularidade pública.

O presuposto mínimo por proxecto será de 7 millóns de euros e o máximo de 20 millóns de euros, e a duración dos proxectos será de 36 a 48 meses.

A cobertura financeira da axuda alcanzará ata o 75% do presuposto de cada proxecto, cunha participación mínima por empresa de 350.000 euros, que descende a 260.000 euros para as pequenas e micro-empresas.

A axuda contará cun tramo reembolsable (10 anos de amortización, incluíndo dous de carencia dende a finalización do proxecto) e unha parte non reembolsable de ata o 30% da axuda concedida. En todo caso, a subvención bruta equivalente da axuda non superará os límites establecidos na normativa comunitaria aplicable.

As solicitudes para a obtención destas axudas cumpriranse a través da aplicación on line de solicitude de proxectos, accesible a través da sede electrónica do CDTI.

(Fonte: Agencias)