O CDTI inviste máis de 43 millóns de euros en 66 proxectos de I+D+i empresarial

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) aprobou 66 novos proxectos de I+D+i, para o que se mobilizará un investimento total de 51,74 millóns de euros, dos que o CDTI achegará 43,50 millóns.

Cabe destacar que 54 dos proxectos aprobados pertencen á Liña Directa de Innovación. Esta axuda financeira, operativa dende xaneiro deste ano, ten como obxectivo cofinanciar, por medio de empréstitos bonificados cun tipo de interese do 2%, proxectos empresariais que impliquen a incorporación e adaptación de tecnoloxías que supoñan unha vantaxe competitiva para as compañías, así como procesos de mellora de tecnoloxías e adaptación a novos mercados.

As sociedades mercantís e as cooperativas pódense beneficiar destas axudas que concede o CDTI e que están cofinanciadas con Fondo Tecnolóxico, unha partida especial do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dedicada á promoción da I+D+i empresarial en España.

Polo que respecta ao resto de proxectos aprobados, once son proxectos individuais de I+D e un pertence ao programa Innternacionaliza, que ten como obxectivo potenciar a explotación internacional dos resultados das actividades de I+D realizadas polas pequenas e medianas empresas españolas.

No desenvolvemento destes proxectos participan 66 empresas, das cales case o 70% son pemes e, destas, o 30,4% pertence a sectores de media e alta tecnoloxía. Do total das compañías, o 42% solicita, por primeira vez, un empréstito ao CDTI.

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial estima que a suma destas iniciativas suporá a creación de 56 empregos directos que mobilizarán, ademais, 270 empregos indirectos. En total, 326 empregos para o conxunto da economía.

(Fonte: CDTI)