O aumento da dedución por innovación entrará en vigor un ano máis tarde

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

A lentitude das súas señorías do Congreso e o Senado provocou que o incremento da dedución fiscal no imposto sobre sociedades por actividades de innovación entre en vigor en 2012, un ano máis tarde do previsto.

O anteproxecto da Lei de economía sustentable, que o Goberno presentou en novembro de 2009, incluía un incremento do 8% ao 12% da rebaixa fiscal por investimentos innovadores que debía formalizarse para este ano. Non obstante, a demora na tramitación provocou que finalmente a norma se aprobase a mediados do pasado mes de febreiro.
 
Os cambios normativos en materia fiscal adoitan entrar en vigor para os períodos impositivos iniciados a partir da aprobación da lei. Aquelas empresas cuxo ano fiscal coincide co natural -que son a maioría- non poderán beneficiarse da dedución do 12% ata o próximo ano. Só a minoría de compañías que inician o seu exercicio contable en abril gozarán do incremento.
 
2446 empresas
 
En calquera caso, o Congreso tiña a oportunidade -non aproveitada- de establecer o incremento fiscal con carácter retroactivo, unha posibilidade que xa se utilizou en anteriores ocasións e que resulta totalmente legal cando a normativa supón un beneficio para o contribuínte.
 
O Goberno prevé que este ano só 2446 empresas se acollan aos beneficios fiscais derivados de investimentos relacionados coa investigación, o desenvolvemento ou a innovación.
 
(Fonte: Cinco Días)