O número de proxectos en biotecnoloxía sanitaria desenvolvidos en España crece un 30% en 2015

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Asociación Española de Empresas de Biotecnoloxía (Asebio) acaba de publicar o seu pipeline de biotecnoloxía sanitaria, que recolle os desenvolvementos de medicamentos biotecnolóxicos tanto de entidades nacionais como de multinacionais con filial en España que aínda non están a comercializarse. Nel recóllense 650 indicacións, o que representa un incremento do 29,5% respecto aos proxectos que se recolleron no pipeline anterior.

Na área de medicamentos, recóllense 370 investigacións. Contabilizáronse un total de 109 produtos para 118 indicacións que están a investigar 45 compañías nacionais, 54 deles atópanse en fase preclínica, 26 en fase I, 25 en fase II, 7 en fase III e seis están a punto de comercializarse. Tamén recolle 171 produtos para 252 indicacións da área de medicamentos de 11 multinacionais con filial en España, nos que algunha das súas fases clínicas se realizou en España. Deles 37 están en fase I, 83 en fase II, 118 en fase III e 14 están na fase de rexistro.

No pipeline tamén se recollen 88 plataformas de investigación, 19 tecnoloxías cuxa aplicación final é o ámbito sanitario e 173 produtos e servizos de diagnóstico e de medicina personalizada. A oncoloxía continúa sendo a área terapéutica na que hai un maior número de medicamentos investigándose neste pipeline (o 31% dos medicamentos no caso de compañías nacionais e 49% o caso de multinacionais con filial en España).

Este ano, como novidade, Asebio puxo en marcha un novo proxecto para aumentar a difusión dos desenvolvementos no ámbito biosanitario. Ao mesmo tempo que o lanzamento da edición impresa deste pipeline de biotecnoloxía sanitaria, lanzamos unha páxina web con este mesmo contido.