Os novos materiais do CSIC son premiados na maior feira de nanotecnoloxía do mundo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Os novos materiais presentados polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na feira NanoTech de Tokyo, a maior feira de nanotecnoloxía do mundo, son os que espertaron maior interese neste evento internacional.

Trátase de diversos tipos de grafenos e de recubrimentos nano-estruturados adaptados a diferentes campos e aplicacións; materiais cerámicos electrocondutores; e mesmo materiais de construción capaces de cambiar de cor dependendo da intensidade luminosa que reciben, axudando así a conservar a temperatura da estrutura, que espertaron o interese de empresas coreanas, xaponesas, alemás, polacas, checas, canadenses e españolas presentes na feira.

Por iso, a Feira NanoTech, que reúne todos os anos a máis de 600 empresas e institucións procedentes de 23 países, e que visitan máis de 45.000 persoas cada ano, galardoaron o CSIC co premio de Transferencia de Tecnoloxía, que distingue a institución cuxas tecnoloxías espertaron maior interese na feira.

"O máis importante é que nos xurdiron varias posibilidades de colaborar con empresas de diversos países que poden chegar a implementar as nosas tecnoloxías en diferentes sectores industriais" declarou Javier Maira Vidal, responsable da Unidade de Comercialización do CSIC.

O CSIC é a primeira entidade española en número de patentes, licenciando máis de 60 tecnoloxías cada ano a empresas para a súa explotación no mercado. É a segunda vez que o CSIC é premiado na categoría de Transferencia de Tecnoloxía na feira NanoTech en 11 anos de participación, sendo a primeira institución que recibe este premio en dúas ocasións.

O CSIC conseguiu fitos tecnolóxicos mundiais, como o método que se utiliza en todo o mundo para detectar glute no alimento ou o novo medicamento para a enfermidade de Crohn, o que o posicionaron no posto 21 do ranking mundial de institucións gobernamentais máis innovadoras, por diante mesmo da NASA, segundo Thomson Reuters.

(Fonte: CSIC)