Novos envases para unha conservación intelixente

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Instituto Tecnolóxico do Plástico (Aimplas) e o Centro Tecnolóxico Ainia traballan a nanotecnoloxía co obxectivo de aumentar as propiedades do envase alongando e mellorando a conservación do alimento.
 
Envases que melloran a barreira ao osíxeno un 400%; materiais que aumentan as propiedades térmicas dos procesos de conservación e preparación do alimento; antioxidantes naturais incorporados ao filme que protexe o produto, aumentando a súa vida útil e o tempo de consumo. Estas son algunhas das vantaxes que achega o traballo realizado con nanosensores polo Instituto Tecnolóxico do Plástico (Aimplas) e o Centro Tecnolóxico Ainia.
 
Detrás dun envase alimentario (bolsas, bandexas, barquetas, terrinas, etc.) existe unha longa investigación orientada a mellorar a seguridade do alimento. A nanotecnoloxía aplicada polos dous organismos españois permite a detección de xermes no envase e un novo sistema, incorporado mediante nanochips, que ofrece información aos consumidores sobre o produto envasado, Ademais, esta aplicación permite elevar a barreira imposta aos gases evitando que pase osíxeno ao material, de modo que se melloran as propiedades do envase; aumenta a súa vida útil e redúcese a cantidade de plástico necesario para a súa elaboración.
 
Nunha demostración práctica realizada para empresas produtoras de envases e fabricantes de alimentos comprobouse que un filme antimicrobiano prolonga entre un 20% e 30% a vida útil de produtos perecedoiros como carnes, peixes frescos ou vexetais, o que permite aumentar ata dous días o tempo de vida no lineal do supermercado.
 
(Fonte: Spain Technology)