Novos cursos para nen@s e moz@s a través da plataforma online Steambites

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A plataforma de formación experimental e a distancia Steambites arrincaba a finais do pasado ano impulsada polo Parque Tecnolóxico de Galicia e Atresmedia Formación. É unha alternativa para @s moz@s que desexen aprender e experimentar en materia de ciencia e tecnoloxía.

Os participantes reciben un kit nos seus domicilios con material científico e tecnolóxico, que lles permite ir aplicando os coñecementos impartidos a través da plataforma online. Ademais, os alumnos dispoñen de licenzas para as aplicacións que o requiran, como Minecraft ou Cospaces.

Os nenos de 8 a 12 anos converteranse en makers e os de 12 a 16 afondarán nos misterios da bioloxía

O programa inclúe dous novos cursos diferentes para maio, divididos por idades, a través de http://steambit.es. STEAM 010 Kids permitirá a nenos de 8 a 12 anos converterse en makers. Aprenderán como funcionan os circuítos eléctricos, construirán mini robots, máquinas e autómatas mecánicos.

Pola súa parte, os máis maiores, de 12 a 16 anos, achegaranse a través de STEAM 010 aos misterios da bioloxía. Os participantes terán a oportunidade de crear un ecosistema mariño con Artemia Salina e estudar a súa evolución. Disporán de ovos listos para eclosionar ao ser mergullados en auga e alimento, o que lles permitirá crear un pequeno acuario e coñecer mellor os ecosistemas acuáticos. Ademais, afondarán na alimentación, iniciaranse nos cultivos de laboratorio e crearán novas aplicacións para móbil, así como programas con Scratch.

O obxectivo destas propostas é que os mozos poidan experimentar en contidos STEAM -Ciencia, Tecnoloxía, Arte e Matemáticas-. Ao rematar a formación, cada alumno recibirá un diploma certificativo emitido por Atresmedia Formación e o Parque Tecnolóxico de Galicia.

Fonte: Tecnópole