Novo material sintético baseado na iridescencia das ás de bolboretas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Un estudo da Universidade Nacional (UN) de Colombia sobre o cambio de cor que se produce cando algunhas especies de bolboretas, como o Monarca azul ou a Greta oto, varían a posición das súas ás posibilita o desenvolvemento de estruturas con características similares que se poderían empregar na industria e as telecomunicacións.

A estudante do Doutorado en Ciencias Física Claudia Patricia Barrera explica que a iridescencia, como se lle coñece a este fenómeno óptico, pode resultar útil para desenvolver novos tipos de cosméticos ou de pinturas, ademais de dispositivos móbiles capaces de enviar información a determinadas frecuencias.

Tendo en conta que a iridescencia é un recurso das bolboretas para mimetizarse ante a presenza de potenciais inimigos, cabe a posibilidade de que tamén a usen para comunicarse, de tal maneira que outra das súas potencialidades é o de emular este proceso.

Material sintético

A investigación, informan dende a Axencia de Noticias UN, vincula a iridescencia das ás de bolboretas á produción dun material sintético baseado na estrutura natural capaz de emulalo, co fin de determinar as propiedades xeométricas da superficie e que permitan xeralo.

O profesor Rafael Rey, do Departamento de Física da UN, sinala que se desenvolveu unha estrutura con celas nanométricas organizadas en forma dun panal de abellas, capaces de reproducir o fenómeno de iridescencia en forma colectiva.

Outro resultado do traballo é que, debido ás pequenas variacións que hai na estrutura, existe a posibilidade de alterar o transporte da luz nos devanditos materiais.

Ao respecto, o docente explica que "pequenas desordes asociadas con diferenzas no tamaño das celas e a disparidade das distancias que hai entre elas faría que a luz non puidese avanzar con igual velocidade, de tal maneira que habería pequenas alteracións ao reflectirse".

O desenvolvemento do novo material sintético contempla o uso dunha lámina de titanio para somerxela nunha solución acuosa con determinados reactivos, que logo é sometida a un proceso de oxidación provocado por correntes eléctricas, de tal maneira que comezan a formarse unha serie de cilindros ocos ou nanotubos no fondo da placa.

Rematada esta parte do proceso, os cilindros formados retíranse e na base da placa aparece a nova estrutura, de dióxido de titanio, con propiedades de iridescencia, en forma moi similar á do panal de abellas, que ademais é capaz de rexistrar picos de reflexión no rango da lila.

A investigación foi posible grazas á colaboración do Instituto de Ciencias Naturais da UN e do Grupo de Materiais Nanoestruturados e as súas Aplicacións.

(Fonte: Innovaspain)