Novidosa arma do CHUS para destruír células canceríxenas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do CHUS está máis preto de contar cunha nova técnica que destrúe células canceríxenas e que só hai nun reducido grupo de hospitais españois, tras conseguir a acreditación europea e americana Jacie, que lle acaba de ser concedida polos estándares de calidade do Programa de Transplante de Proxenitores Hematopoiéticos (de medula ósea).

Desde o servizo, que dirixe o doutor José Luís Bello, considérase este recoñecemento como un paso máis para introducir, nos próximos meses, “novas terapias antitumorais baseadas na inmunoterapia, como a terapia celular con linfocitos T modificados xeneticamente, coñecidas como CAR-T”.

Trátase dunhas terapias con resultados “cada vez máis prometedores”. Así, a implementación destas novas estratexias terapéuticas no CHUS “suporá un avance substancial para todos os pacientes oncohematolóxicos, que poderán beneficiarse destes tratamentos sen necesidade de trasladarse a hospitais doutras comunidades”.

A Jacie certifica o cumprimento dos estándares organizativos e de calidade na área de Transplantes Autólogos e Aloxénicos en pacientes adultos e pediátricos, tanto na área de obtención celular de medula ósea e sangue periférico (banco de sangue) como na área de procesamento celular (Laboratorio de Criobioloxía, Cultivos e Terapia Celular do Transplante). Fundamentalmente certifica que se opera cun sistema de xestión de calidade eficaz, que os procedementos se levan a cabo de acordo coas normas internacionais establecidas, e que todo se fai coa implicación e coordinación de todos os profesionais que interveñen. É o medio polo cal se pode demostrar un nivel de excelencia no transplante de medula ósea. Con este distintivo, a área sanitaria compostelá convértese na primeira en Galicia en conseguilo e das poucas españolas en recibilo.

Fonte: El Correo Gallego