Novas cabinas de desinfección covid máis eficaces e intelixentes

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Nesta “nova normalidade” na que todos volvemos máis ou menos ás nosas rutinas habituais de traballo e lecer, é importante que os lugares e establecementos nos que pasamos a maior parte do noso tempo estean preparados para garantir as medidas de seguridade e previr os contaxios covid. Cada vez é máis necesario ir un paso máis alá das máscaras e os xeles hidroalcólicos, que son imprescindibles, pero non suficientes cando por un local de compra ou unha zona de traballo pasan centos e miles de persoas ao día.

É por iso que, para garantir unha correcta e impecable desinfección do persoal en fábricas, supermercados e establecementos similares, a empresa Alintra Systems, pertencente ao Grupo Alibérico, lanzouse ao desenvolvemento dunha nova xeración de cabinas de desinfección e limpeza de alta precisión, actualmente xa no mercado.

Baixo o nome de Larclean, a compañía especializada na transformación e fabricación de compoñentes e solucións de aluminio para a industria de transporte de masas, comercializa o que supón todo un exemplo de adaptación dunha empresa ás novas circunstancias do mercado. Así, aproveitaron que nestes tempos post-desescalada (que aínda non post-pandemia) as empresas e usuarios demandan equipos e dispositivos que eleven a protección nos espazos públicos e nos lugares de traballo.

Características da nova cabina

Hoxe en día, é necesario axuntar a modernidade coa eficacia e a precisión, pois en temas de saúde as máquinas creadas non poden permitirse erros. Deste xeito, a cabina Larclean consiste nunha estrutura metálica lixeira formada por paneis de aluminio e dotada dun sensor que activa e desactiva automaticamente a nebulización do produto de limpeza cando detecta a presenza dunha persoa no seu interior. Unha característica moi útil para reducir o gasto de produto desinfectante. En concreto, dentro da cabina, os produtos son aplicados desde diferentes puntos de altura, de maneira que cheguen a todas as zonas e garantan un proceso completo e correcto de limpeza.

Deseñada para os traballadores

Larclean está concibida para que o persoal que accede aos centros de traballo estea debidamente hixienizado e, en consecuencia, o risco de contaxio sexa considerablemente menor. Xa non só para os propios traballadores, senón tamén pensando na seguridade de clientes e pacientes no caso de que se trate de clínicas de acceso público. Por iso, a súa instalación está recomendada para aqueles lugares onde, pola cantidade diaria de persoas que reciben e pasan polas súas instalacións, faise necesario achegar un “plus” de seguridade.

É dicir, está especialmente indicada para os hospitais, os centros médicos, as residencias de maiores, as fábricas, as oficinas, os supermercados, as universidades, os hoteis, os aeroportos ou os recintos feirais.

Fonte: El Correo Gallego