Nova tecnoloxía para aumentar a autonomía de coches híbridos e eléctricos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O grupo automobilístico francés PSA Peugeot-Citroën e o fabricante alemán de compoñentes para vehículos Bosch presentaron un novo sistema, denominado OpEneR, que permite incrementar a autonomía dos coches híbridos e eléctricos.

O sistema, presentado con ocasión do Salón Internacional de Automóbiles Respectuosos co Medio que se celebra en Alès (Francia), incorpora tres innovacións técnicas que permiten incrementar a autonomía dos vehículos.

En primeiro lugar, un motor eléctrico capaz de subministrar tracción dianteira ou traseira, en función das necesidades. Ademais, desenvolveron unha nova xeración do sistema Start/Stop e un ESP que permite recuperar enerxía cando se acciona o freo para recargar a batería.

PSA Peugeot-Citroën e Bosch explicaron nun comunicado conxunto que probaron estes novos sistemas ao longo de miles de quilómetros en dous prototipos construídos sobre a plataforma do modelo Peugeot 3008.

As dúas empresas veñen colaborando dende o ano 2008 na área de desenvolvemento de tecnoloxías híbridas. Así PSA iniciou en 2011 a produción en serie do Peugeot 3008 HYbrid4, o primeiro diésel-híbrido do mundo.

(Fonte: Europa Press)