Unha nova rede europea de investigación impulsará a transición cara á bioeconomía

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e o CSIC serán os representantes españois en IBISBA 1.0, un proxecto europeo que conta coa participación de ata 16 universidades e centros de investigación co obxectivo de desenvolver propostas innovadoras e competitivas que promovan a transición cara á bioeconomía.

Para iso, estas institucións abrirán as súas instalacións a investigadores e empresas do sector biotech de todo o continente. Desta forma, tamén buscan mellorar os procesos de I+D en empresas e facer que a biotecnoloxía sexa máis atractiva e menos custosa para o sector industrial.

O proxecto terá unha duración de catro anos e un presuposto de cinco millóns de euros. O seu obxectivo pasa por contribuír ao desenvolvemento de proxectos innovadores que aumenten a eficiencia, competitividade e sustentabilidade dos procesos bioprodutivos e, ao mesmo tempo, promover a transición cara á bioeconomía.

Neste sentido Joan Albiol, investigador da UAB, explicou que "a biotecnoloxía é unha oportunidade única para substituír procesos químicos por outros máis sustentables baseados no uso de materias primas renovables. O uso da ciencia e a enxeñería permiten desenvolver procesos industriais para impulsar unha química máis verde, tanto na obtención de produtos químicos como biocombustibles.

Europa, destacou Albiol, "é líder neste campo, pero para promover a transición cara á bioeconomía, necesitamos producir bioprocesos máis innovadores e por iso, a biotecnoloxía industrial debe estar avalada por unha infraestrutura de investigación organizada que ofreza servizos de investigación transnacional".

Cinco convocatorias

En total, a iniciativa conta con 16 universidades e centros de investigación de 9 países europeos, que abrirán as portas das súas instalacións para promover a investigación e a innovación no desenvolvemento de bioprocesos, ofrecendo tecnoloxías e equipamentos de vangarda. IBISBA 1.0 desenvolverase a través de cinco convocatorias das que, estímase, benefíciense polo menos un centenar de investigadores.

Outro dos obxectivos do proxecto pasa por mellorar tamén os procesos de I+D das empresas e facer que a biotecnoloxía sexa máis atractiva e menos custosa para o sector manufectureiro. Así, facilitarase o acceso da industria a instalacións de última xeración coa única limitación de que non se poderán ofrecer servizos a empresas do mesmo país.

Servizo integrado

Para poder ofrecer un servizo integrado, IBISBA 1.0 tomará un proceso como modelo e seguiranse todas as etapas do ciclo en diferentes laboratorios participantes do proxecto. Deste modo, uns laboratorios deseñarán as modificacións xenéticas, outros construirán as cepas produtoras, outros utilizaranas para levar a cabo o produto e, finalmente, os datos serán analizados coa intención de optimizar o proceso e repetir o ciclo de xeito mellorado.

"Dada a alta tecnoloxía e automatización implicadas, así como a distribución de procesos en diferentes laboratorios europeos, esta tarefa preséntase como todo un reto, pero permitirá asegurar que o servizo ofrecido á industria, por calquera dos laboratorios, se atopa dentro dos máis altos niveis de calidade da Unión Europea", concluíu Joan Albiol.

(Fonte: Innovaspain)