A nova lei de Ciencia impulsará a colaboración público-privada

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Todos os partidos políticos, agás IU e ICV, aprobaron a nova Lei de Ciencia para que España se afiance como potencia investigadora e axilizar a transferencia de coñecemento.

Hai máis de dous anos que comezou a redactarse o proxecto dunha nova Lei de Ciencia para substituír a actual norma, vixente dende 1986, que non se corresponde co actual marco territorial nin coa realidade investigadora do país. O texto foi aprobado no Consello de Ministros do 12 de marzo de 2010, pero os grupos parlamentarios presentaron sucesivas emendas que dilataron o proceso máis do desexado pola ministra de Ciencia, Cristina Garmendia.
 
Finalmente, o texto foi aprobado no seo da Comisión de Ciencia, que conta con competencia lexislativa plena para enviala directamente ao Senado sen pasar polo pleno da Cámara Baixa. A nova lei podería entrar en vigor entre abril e maio.
 
Os grupos IU e ICV, que non teñen representación na comisión, rexeitaron o proxecto de lei, co argumento de que "empeora a carreira investigadora". Para o deputado de IU Gaspar Llamazares, no texto aprobado empeóranse algúns dos aspectos da contratación de investigadores, como é a supresión do límite de tres anos para os contratos temporais.
 
O consenso foi xeneralizado co resto de formacións. O deputado do PP Gabriel Elorriaga sinalou que coas emendas incorporadas "déronse pasos adiante, aínda que non se aborda un problema importante, o dos incentivos fiscais para dar verdadeiro apoio e fomentar o mecenado". O representante do Grupo Mixto, o deputado de BNG Francisco Jorquera, expresou o seu temor por unha posible invasión de competencias autonómicas e polo perigo de que o sistema público se oriente só ao sector produtivo, e Ramón Beloki, do PNV, indicou que "fai falta a lei, pero sería un erro grande pensar que só esta normativa é suficiente".
 
Dende que comezou o desenvolvemento da nova lei, a ministra Garmendia repetiu que a prioridade é construír un novo modelo produtivo no que a iniciativa privada adquira maior participación na investigación. É prioritario que o coñecemento se traduza en patentes.
 
Recoñecemento da innovación
 
Coa nova lei, recoñecerase a Innovación dentro do sistema español de gobernanza da Ciencia que, a partir da aprobación final desta norma pasará a chamarse Sistema español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. De acordo cos textos pactados entre as forzas políticas recoñecerase por lei a colaboración público-privada para a I+D+i. Deste modo, estableceranse unha serie de pasarelas que permitirán aos investigadores o salto da empresa pública á privada, e viceversa.
 
(Fonte: Expansión)