Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole participa no Día Europeo da Cooperación expoñendo os resultados do proxecto ER-INNOVA

Tecnópole participou a pasada semana no Seminario de Difusión de Resultados de Proxectos do Eixe 1 Competitividade e Emprego, celebrado en Braga (Portugal) con motivo do Día Europeo da Cooperación. Parque Tecnolóxico de Galicia presentou os resultados do proxecto transfronteirizo ER-INNOVA, no que actuou como coordinador en calidade de xefe de fila.

Sonen Acústica celebra un seminario online gratuíto sobre o seu proxecto A Casa do Son

A empresa de enxeñería acústica Sonen Acústica, en colaboración coa spin-off de software para enxeñería Sound of Numbers, presenta esta semana nun seminario online gratuíto a iniciativa A Casa do Son. Á sesión en español do martes 25 séguea outra en inglés o mércores 26.

Bioga e o Igape organizan a segunda edición da Lonxa de Investidores en biotecnoloxía

O Instituto Galego de Promoción Económica e o Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias dan Vida (Bioga) organizan a segunda edición da Lonxa de Investidores este mércores 25 de setembro en Santiago de Compostela.

O 50% das empresas galardoadas co Premio Viveiro de SIMO Network están instaladas en parques científicos e tecnolóxicos

A metade das empresas que gañaron este ano o Premio Viveiro de SIMO Network son entidades innovadoras instaladas en parques membros da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE).

España lidera o número de redes de 'business angels' en Europa, cunha representación do 14%

España lidera a representación de redes de 'business angels'' ao concentrar o 14% do total, dato que contrasta coas porcentaxes doutros países con máis tradición neste tipo de investimento privado, como Reino Unido ou Alemaña, cun 11% e un 5%, respectivamente, informa nun comunicado a Asociación española de 'business angels' (Aeban).

Primeira instalación mundial que combina enerxía termosolar e biomasa

As españolas Abantia e Comsa Emte crean a primeira planta no mundo (en Les Borges Blanques, en Lleida) en combinar a tecnoloxía solar termoeléctrica cunha unidade de biomasa.

Desenvolven robots que poderán debater sobre as súas decisións cos humanos

Os robots e os ordenadores poderán conversar e discutir sobre as súas decisións cos humanos nun futuro próximo, segundo un proxecto que desenvolve a universidade escocesa de Aberdeen.

Búscase 'trafficker'

A tecnoloxía dixital remove os alicerces da formación académica. A economía real está a migrar a Internet e ás redes sociais e esixe a resposta de profesionais formados cunha nova bagaxe. A Unión Europea estima que as competencias tecnolóxicas e dixitais frearán o desemprego xuvenil.

Un proxecto europeo inventa un dispositivo que facilita o aparcamento

Tratar de aparcar sen rozamentos nunha praza de aparcamento estreita é unha fonte de frustración moi habitual para os condutores, e agora os investigadores participantes nun proxecto financiado pola Unión Europea crearon un novo dispositivo tecnolóxico chamado a facilitar a manobra.

A CE aposta pola colaboración internacional para fomentar investigación

A Comisión Europea (CE) presentou unha nova estratexia para fomentar a cooperación internacional en investigación e innovación, especialmente en prioridades científicas da UE como o cambio climático, a seguridade alimentaria ou a loita contra as enfermidades.

Nace o Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación

O Ministerio de Economía constituíu o Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación, con representación de todas as comunidades autónomas e co obxectivo "urxente" de definir as estratexias de investigación e de innovación.

Tecnópole pon en marcha a operación 5 de outubro

Durante os próximos días os traballadores de Tecnópole comezarán a recibir pistas sobre o evento de celebración do vixésimo aniversario da entidade, que terá lugar o día 5 de outubro.

Páxinas