Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A CE aposta pola colaboración internacional para fomentar investigación

A Comisión Europea (CE) presentou unha nova estratexia para fomentar a cooperación internacional en investigación e innovación, especialmente en prioridades científicas da UE como o cambio climático, a seguridade alimentaria ou a loita contra as enfermidades.

Nace o Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación

O Ministerio de Economía constituíu o Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación, con representación de todas as comunidades autónomas e co obxectivo "urxente" de definir as estratexias de investigación e de innovación.

Tecnópole pon en marcha a operación 5 de outubro

Durante os próximos días os traballadores de Tecnópole comezarán a recibir pistas sobre o evento de celebración do vixésimo aniversario da entidade, que terá lugar o día 5 de outubro.

Tecnópole abre o período de recepción de proxectos para a Galiciencia 2012 ata o 23 de outubro

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a 'Galiciencia 2012' ata o próximo 23 de outubro. Os equipos de estudantes de Secundaria aspirantes a expoñer na maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia poderán facer chegar as súas propostas innovadoras ata esa data para competir no proceso que levará á selección dos 50 participantes definitivos.

Tecnópole colabora nas Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo ultima a organización das V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, que terán lugar entre o 12 e o 16 de novembro en Vigo e que contan coa colaboración un ano máis de Tecnópole.

O Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole celebra a súa cuarta edición a finais deste mes

As pistas de tenis da zona polideportiva do Parque Tecnolóxico de Galicia acollerán a finais deste mes de setembro a cuarta edición do Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole, unha competición por parellas que poderá seguirse a través de Twitter e que recollerá as súas mellores imaxes na galería en Flickr.

Alumnos de Financiamento de Empresas da CEO coñecen os instrumentos de apoio ao emprendemento de Tecnópole

Un grupo de alumnos do curso de Financiamento de Empresas da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) visitaron Tecnópole para coñecer de preto o funcionamento dun parque tecnolóxico e, máis concretamente, os instrumentos de apoio ao emprendemento innovador que a entidade ofrece.

Gaélica Solar lanza ao mercado o primeiro secador solar para bañistas alimentado por enerxía solar

A empresa Gaélica Solar, con sede en Tecnópole, presentou hai uns días na praia de Silgar (Sanxenxo, Pontevedra) o primeiro secador solar para bañistas alimentado por enerxía solar. Trátase dun innovador dispositivo que permitirá aos areais que o incorporen converterse en referentes en sustentabilidade polo seu funcionamento eficiente e totalmente respectuoso co medio.

Coasa explica as claves do seu éxito no programa Desde Galicia para o Mundo

A empresa Coasa, con sede en Tecnópole, multiplicou por cinco o seu número de traballadores nunha década e pasou de facturar 3 millóns de euros en 2002 a 36 millóns en 2011. O programa de televisión Desde Galicia para o Mundo  estivo na súa factoría para coñecer as claves do seu éxito. Despois da súa emisión en televisión, o resultado xa se pode ver en internet.

Egatel presenta os seus últimos desenvolvementos en radiodifusión na feira internacional IBC2012

A empresa Egatel, con sede en Tecnópole, estivo presente un ano máis na feira IBC, que tivo lugar do 6 ao 11 de setembro en RAI Amsterdam, co obxectivo de reforzar a súa presenza no mercado da radiodifusión.

As empresas de Tecnópole contan cun 20% de desconto na tarifa de asistencia á conferencia Emtech

As empresas de Tecnópole contan cun 20% de desconto na tarifa de asistencia a Emtech, a conferencia máis importante do mundo sobre tecnoloxías emerxentes, organizada pola revista Technology Review, do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).

Unha aplicación galega entre os gañadores dos StartUp Games de Londres

A empresa galega 2Mares foi unha das entidades premiadas nos StartUp Games, as olimpíadas de empresas tecnolóxicas europeas que o goberno británico organiza para atraer a Londres a empresas do sector con gran potencial de crecemento. Este evento tivo lugar no parque olímpico e a TechCity londiniense coincidindo coa celebración dos xogos paralímpicos. A aplicación que resultou distinguida foi "Intellixente", unha solución para servizos de atención ao cliente escalables en Social Media.

Páxinas