Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Biosimilares, os xenéricos máis complexos

Os medicamentos biolóxicos supuxeron un avance importante no tratamento dalgunhas enfermidades e, unha vez expira a súa patente, xorden novas versións xenéricas destes, con aforros de ata o 40% sobre o orixinal. Segundo algúns estudos, as principais economías da UE poderían aforrar en fármacos 12.000 millóns no escenario máis pesimista posible e 33.500 no máis favorable.

España, noveno posto mundial en transición a un modelo enerxético sustentable

España sitúase no noveno posto mundial na transición a un modelo enerxético sustentable, segundo sinala o Informe 2013 do Índice de Comportamento da Arquitectura Enerxética Global, publicado polo Foro Económico Mundial (FEM).

Só, incomprendido e pesimista: o retrato robot do emprendedor español

O emprendedor español séntese só e incomprendido. Ese é o debuxo que reflicte, polo menos, o Observatorio do Clima Emprendedor de 2012, un estudo co que A Fundación Iniciador e SAGE avalían anualmente o ecosistema emprendedor no noso país.

O chip que aumentará a velocidade de internet

A empresa tecnolóxica estadounidense IBM anunciou o desenvolvemento dun chip que, a través de impulsos de luz, permitirá a transmisión de información a unha velocidade maior.

Novos envases limitarán a permeabilidade dos alimentos a luz e a humidade

Así o asegura o xefe do departamento de tecnoloxía do envase do instituto tecnolóxico Ainia, Carlos Enguix, que traballa en optimizar os envases barreira ou con atmosfera modificada para mellorar os espesores, o impacto ambiental ou os cambios químicos e evitar que o alimento se poida prensar ou abrandar ou perda aspectos como a textura, a cor ou o aroma.

Fabrican ladrillos con residuos de papel

Investigadores da Universidade de Xaén incorporaron os residuos que xera unha industria papeleira ao material cerámico que se usa na construción. O resultado son uns ladrillos cunha baixa condutividade térmica, polo que actúan como bos illantes, aínda que aínda hai que mellorar a súa resistencia mecánica.

Tecnópole deséxavos Bo Nadal e anímavos ser solidarios cos máis desfavorecidos

O equipo da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia deséxavos Bo Nadal e un estupendo inicio de 2013. Ademais, anímavos a ser solidarios participando na Operación Quilo, na que Tecnópole é entidade colaboradora.

Tecnópole organiza un taller sobre as mellores prácticas para vender

O próximo 12 de decembro, en horario de tarde, terá lugar en Tecnópole un seminario titulado "Prepara a túa empresa para vender". A inscrición é gratuíta e está aberta.

O sistema electrónico do prototipo de coche eléctrico presentado en 'Galiciencia' gaña o primeiro premio do certame

O sistema electrónico do prototipo de coche eléctrico presentado na 'Galiciencia 2012' foi o gañador absoluto do certame. Este proxecto foi o vencedor na categoría de Bacharelato e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores nas categorías de 1º e 2º ciclo da ESO. Pablo Dobarro e Carlos Almuiña, do IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), fixéronse moi populares en Tecnópole co seu prototipo durante toda a feira, facéndoo circular polas inmediacións e mostrando todas as súas funcionalidades na práctica.

Máis de 150 profesionais de toda Galicia danse cita en Tecnópole para asistir ao TEDxGalicia 2012

Máis de 150 profesionais das catro provincias acudiron o pasado venres a Tecnópole para asistir ao TEDxGalicia 2012. O lema desta edición foi "e se... ?" e nela os relatores compartiron ideas e reflexións sobre aspectos da súa vida profesional e persoal que poden servir de inspiración para os demais. O TEDxGalicia saíu este 2012 por primeira vez da capital galega con Tecnópole como anfitrioa, que acolleu o evento movida pola vontade de compartir coñecemento con motivo do seu 20 aniversario.

Egatel subministra o transmisor de TV Dixital de máis alta potencia que opera en México

A empresa Egatel, con sede en Tecnópole, subministrou á Universidade Autónoma de Nuevo León, en Monterrey (México), o transmisor de TV Dixital de máis alta potencia que opera no país centroamericano.

Unha unión de empresas aeronáuticas galegas, entre as que figura Hispamoldes, proverá a Embraer e Airbus

Entrar na rede de provedores dos grandes construtores aeronáuticos require capacitación técnica e unha boa ofensiva comercial. E esas son as dúas bazas coas que o grupo Udega (Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica), constituído o pasado mes de xuño por oito firmas auxiliares do metal (Utingal, Hispamoldes, Matrigalsa, Tromosa, Tune Eureka, Laser Galicia, Europrecis e Demsu), logrou pechar en tempo récord un primeiro pedido, suxeito a confidencialidade, decisivo para entrar con paso firme na rede de provedores de segundo nivel de Embraer e Airbus.

Páxinas