Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Os alumnos de Secundaria poderán participar en talleres de cociña molecular e os de Primaria introduciranse no mundo da electricidade en Galiciencia 2020

O Parque Tecnolóxico de Galicia promove desde o ano 2006 Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade e que busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Conta co apoio da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).

A empresa de Tecnópole Amodo Soluciones recibe o Premio Iniciativa Empresarial dos Enxeñeiros Informáticos de Galicia pola súa aplicación “Localsafe”

A empresa de Tecnópole Amodo Soluciones, especializada no desenvolvemento de software, recibiu o Premio Iniciativa Empresarial do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) pola súa aplicación móbil “Localsafe”. É a primeira app española que permite aos usuarios coñecer os establecementos máis seguros fronte á Covid-19.

A USC traballa en tres vacinas contra a covid-19 e aporta tecnoloxía propia

A USC traballa no desenvolvemento de tres vacinas contra a covid-19, dúas delas a partir de proxectos propios. Grupos como o dirixido por José Manuel Martínez Costas promoven, ademais, tecnoloxía específica, que recibiu apoio da Comisión Europea e que vai probarse en Alemaña e os Países Baixos, segundo explicou Tomás Pouse, investigador deste grupo.

Unha aplicación do Sergas e a USC predice a evolución de enfermos de coronavirus

Unha muller de 55 anos que fuma, ten obesidade e padece hipertensión que recibise un diagnóstico positivo en Covid por PCR e atópese en seguimento domiciliario ten un 23,18% de risco de precisar hospitalización, un 2,4% de ingreso na unidade de coidados intensivos e un 0,58% de chegar a falecer. Para un home de 60 con insuficiencia cardíaca e obesidade o risco de ter que acabar nunha cama de hospital elévase ao 48 por cento e tamén aumentan as expectativas de ter que recorrer á UCI, até o 8,29%, e de morrer, até o 2,23%.

Empresas de Galicia reconvértense cara ao negocio da covid

En plena pandemia do coronavirus, empresas galegas de distintos ámbitos viron multiplicar a súa facturación ao redirixir a súa produción cara ao negocio anticovid, a través de bens como as máscaras, o produto estrela pero non o único no mercado da nova normalidade.

Coren abre unha planta na que nacerán 100.000 pavos á semana

Até cen mil pavos á semana nacerán nas novas instalacións do grupo alimentario Coren no concello ourensán de Vilamarín. A cooperativa acaba de pór en marcha unha incubadora que equipou coa última tecnoloxía e que lle permitirá algo que non podía facer até agora: completar o ciclo de produción de pavo nas súas instalacións.

O dron “Targus” comeza as súas probas de voo no aeródromo de Rozas

A Xunta e a compañía Indra comezaron as probas de voo finais do “Targus”, o avión opcionalmente pilotado civil “máis avanzado desenvolto até a data en España”, segundo destaca a Consellería de Industria.

Feita no marco do polo aeroespacial de Rozas, en Castro de Rei, a nave está preparada para dar apoio en misións de busca e rescate, extinción de incendios, protección ambiental e do territorio e control de usos do solo, entre outras aplicacións.

A madeira alíase co formigón para aumentar a eficiencia na construción

Galicia é unha potencia en produción de madeira. Darlle valor engadido mediante a transformación é unha das materias que aínda ten pendentes a comunidade. Sobre todo agora que comezou a recuperarse o seu uso en construción, o que podería achegar maior rendemento económico ás plantacións certificadas na comunidade. Sobre todo as de piñeiro, unha madeira cuxo bo comportamento está máis que probado en edificación.

Novidosa arma do CHUS para destruír células canceríxenas

O servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do CHUS está máis preto de contar cunha nova técnica que destrúe células canceríxenas e que só hai nun reducido grupo de hospitais españois, tras conseguir a acreditación europea e americana Jacie, que lle acaba de ser concedida polos estándares de calidade do Programa de Transplante de Proxenitores Hematopoiéticos (de medula ósea).

A aeronáutica galega busca refuxio nun futuro jet supersónico do Exército

A industria aeronáutica entra en espazo descoñecido. O impacto que a crise sanitaria tivo sobre as aeroliñas fixo saltar polo aire todas as previsións de pedidos de avións para este ano e polo menos os dous ou tres que seguen.

Iberdrola e Greenalia estudan a costa galega para futuros parques mariños

Promotores, reguladores e asociacións sectoriais prevén que dentro de dez anos se xeren nas costas españolas a través de parques mariños entre 2.000 e 3.000 megawatts eólicos. Cumprir eses obxectivos require duns trámites regulatorios que o Goberno xa puxo en marcha, a realización das primeiras poxas de enerxía (que se prevén para o próximo ano) e empresas dispostas a investir nestes recintos. A eléctrica de orixe vasca Iberdrola e a enerxética galega Greenalia -que xa conta con proxectos do sector en Canarias- son dús das compañías que pasaron á acción nas costas galegas.

Galiciencia celebrarase en decembro e será online, o que permite ampliala a todo o ámbito nacional

O Parque Tecnolóxico de Galicia promove desde o ano 2006 Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade e que busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos máis novos. Conta co apoio da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).

Páxinas