Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Estruturas fotovoltaicas innovadoras cun grao de eficiencia do 43%

O grupo 'Investigación y Desarrollo en Energía Solar' (IDEA) da Universidade de Jaén (UJA) deseñou novas estruturas fotovoltaicas "máis eficaces" que os módulos convencionais para capturar a luz do sol, cun grao de eficiencia que chega a alcanzar o 43%, fronte ao 15% habitual.

Chips de baixo custo máis pequenos que nunca

Non hai tanto que un ordenador ocupaba un cuarto enteiro e os receptores de radio eran tan grandes como unha lavadora. Non obstante, dende hai varios decenios, os dispositivos electrónicos experimentan un proceso de miniaturización continua que probablemente logre aforros enormes en custos e enerxía e ademais permite gañar velocidade a estes dispositivos.

¿Que datos se deben gardar nunha empresa?

As opinións sobre este tema son do máis dispares. Algúns gurús de big data aconsellan gardalo absolutamente todo, pero a non ser que a nosa empresa funcione en modo boiante, esta opción sería a máis malgastadora. Estariamos a desperdiciar tanto espazo como o noso diñeiro.

O ciclo "Os mércores de Tecnópole" porá en valor a innovación das empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia

O próximo 25 de setembro dará comezo o ciclo "Os mércores de Tecnópole", organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia para contribuír a poñer en valor a innovación das súas empresas. Un mércores de cada mes unha empresa exporá as súas capacidades e diferenzas competitivas no seu ámbito de actividade co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e o seu posicionamento no mercado.

Tecnópole acolle a "III Lonxa de financiamento para proxectos biotecnolóxicos" organizada por Bioga

Tecnópole acollerá o próximo 9 de outubro a "III Lonxa de financiamento para proxectos biotecnolóxicos" organizada polo Cluster Galego Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga). Baixo o lema "Buscamos grandes ideas para investir", o III Bio Investor Day estará aberto a promotores de proxectos no ámbito da biotecnoloxía interesados en conseguir financiamento.

Egatel presenta en Amsterdam unha tecnoloxía capaz de incrementar ata un 42% o rendemento dos transmisores

Egatel, empresa do sector das telecomunicacións situada en Tecnópole, presentará este mes na Convención Internacional de Radiodifusión IBC 2013 unha tecnoloxía capaz de incrementar ata un 42% o rendemento dos transmisores.

O Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole celebra a súa quinta edición a finais deste mes

As pistas de tenis da zona polideportiva do Parque Tecnolóxico de Galicia acollerán a finais deste mes de setembro a quinta edición do Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole, unha competición por parellas que poderá seguirse a través de Twitter e que recollerá as súas mellores imaxes na galería en Flickr.

Expourense celebra unha xornada sobre oportunidades de negocio en mercados emerxentes centrada en Perú

O próximo xoves 5 de setembro ás 20 horas terá lugar en Expourense a conferencia "Oportunidades de negocio en mercados emerxentes: Perú", a cargo do responsable dunha consultora española especializada en abrir camiño a empresas no país andino.

Ampliado o prazo para participar no Concurso Idea Innovadora

A Escola de Negocios da Innovación e os Emprendedores (IEBS) prorrogou ata o 15 de setembro o prazo para participar no Concurso Idea Innovadora 2013, dirixido a persoas con ideas innovadoras e que destaquen nas súas respectivas áreas de coñecemento. Os participantes poderán optar a unha bolsa total para cursar un máster da escola de negocios e recibir asesoramento para o desenvolvemento das súas ideas de empresa.

O gasto mundial en tecnoloxías da información minórase

O anhelo da sociedade global pola tecnoloxía, os dispositivos persoais e os servizos para software, segue aumentando cun gasto total estimado para 2013 de 3,7 billóns de dólares.

Investigadores europeos deseñan robots personalizados para o coidado de anciáns

O proxecto xerouse no seo da UE por un grupo de investigadores de varios países membros e pretende ser un soporte adicional para o coidado de anciáns e persoas dependentes, que chegará aos fogares en dous ou tres anos.

Desenvolven un novo sistema de promoción turística con tecnoloxía inmersiva

A Cidade Politécnica da Innovación da Universitat politécnica de Valencia presentou o 'Global Spain Cube', un espazo que aglutina as últimas tecnoloxías inmersivas para a promoción turística, a baixo custo, e que permite ao usuario interactuar con vídeos dos destinos.

Páxinas