Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole optimiza a súa páxina web atendendo ás suxestións dos seus usuarios

Tecnópole redeseñou e optimizou a súa páxina web atendendo ás demandas e suxestións dos seus usuarios. O acceso máis intuitivo á información e a simplificación dalgúns trámites relativos a servizos son os principais aspectos que se revisaron, á vez que se renovou a estética do site.

Gaélica Solar proxecta unha plataforma enerxética mariña e un deshidratador solar para alimentos

A empresa de tecnoloxía para o aproveitamento das enerxías renovables Gaélica Solar proxecta o desenvolvemento de dous novos produtos que prevé patentar ao longo de 2014 para iniciar a súa comercialización.

Expertos desvelarán en Tecnópole as oportunidades para pemes do programa Horizon 2020 da UE, dotado con 77.000 M€

O próximo 14 de febreiro Tecnópole acollerá unha xornada informativa sobre as oportunidades específicas para pequenas e medianas empresas que se contemplan no programa Horizon 2020, o novo programa marco de I+D+i da Unión Europea para o período 2014-2020.

Economía e Industria informa en Tecnópole sobre as súas ferramentas para impulsar a innovación e a competitividade das pemes

O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, invitou ao empresariado ourensán a botar man das diferentes ferramentas postas á disposición das pequenas e medianas empresas pola Consellería de Economía e Industria para impulsar a innovación e ser así máis competitivas.

O ICO de financiamento de 323 millóns de euros para pemes innovadoras

O Goberno central puxo en marcha, a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO), un instrumento para financiar a PEMEs innovadoras denominado 'ICO Innovación Fondo Tecnolóxico'. Esta nova liña de financiamento, con 323,6 millóns de euros, será cofinanciada polo Programa Operativo Fondo Tecnolóxico do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (FEDER), que achegará preto do 75% dos fondos, co obxectivo de apoiar as empresas innovadoras que poden ter dificultades para acceder a crédito.

Wayra, a aceleradora de start-ups de Telefónica, busca 50 novos proxectos

A firma especializada en promover a innovación e a detección de novos talentos de Telefónica, Wayra, abriu unha nova convocatoria global de proxectos para buscar 50 novas propostas de negocio na área de Internet e as novas tecnoloxías.

A educación ambiental, fonte de innovación e creatividade "contaxiosa" para o desenvolvemento industrial e tecnolóxico galego

"A educación nunha disciplina transversal como é o medio ambiente, que presenta unhas taxas de actualización e incorporación de novos coñecementos e innovación das máis elevadas, logra un interesante efecto sinérxico ao xerar unha dinámica de creatividade e innovación contaxiosa, que se traslada a diferentes ámbitos do coñecemento e do desenvolvemento industrial e tecnolóxico", afirmou a secretaria da Asociación Profesional de Empresas Ambientais de Galicia (Aproema), Maruxa Pérez, con motivo da celebración do Día Mundial da Educación Ambiental.

As startups españolas con máis futuro

A empresa española From the Bench acaba de conquistar a un dos socios máis desexados e difíciles do mundo: a NBA. E fíxoo grazas ao seu xogo para móbiles NBA General Manager, unha aplicación oficial da liga de baloncesto estadounidense. Dende o seu lanzamento en outubro, acumula case 200.000 descargas.

Innovación no diagnóstico biomédico con imaxes en 3D personalizables

Un equipo de investigadores da firma 4DNature e da UC3M desenvolveu unha técnica, denominada tomografía de proxección óptica helicoidal, que mellora o diagnóstico biomédico por imaxe en tres dimensións.

O chip que converte o latexo do corazón en enerxía renovable

¿Sabía que o seu corazón é unha fonte de electricidade limpa e inesgotable que hoxe está un pouco máis preto de ser aproveitada? Os seus pulmóns e o seu diafragma, co seu movemento constante, tamén.

Ideas europeas innovadoras para a madeira

Doce países europeos reuníronse co fin de atopar novos usos para a madeira e impulsar así unha transformación innovadora no sector silvícola do continente, o cal hoxe en día xera unha facturación anual superior aos 400.000 millóns de euros.

Novas tecnoloxías que miden as emocións do turista

Entre as noticias de actualidade da semana pasada destacou a Feira Internacional de Turismo, Fitur 2014, que se celebrou en Madrid, e na que destacaron especialmente as diversas tecnoloxías aplicadas a este sector clave para a economía española. Entre as novidades estivo unha tecnoloxía capaz de medir o impacto emocional que causaban unha serie de imaxes relacionadas con actividades e lugares turísticos. Era o Sociogragraph, un invento patentado pola Universidade de Salamanca e explotado por unha empresa palentina.

Páxinas