Nichos de evolución para as innovacións en enerxía eólica

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A enerxía eólica é un mercado global bastante maduro, pero aínda queda moita marxe, para que as futuras innovacións axuden a reducir custos. Nin os fluxos de investimento privados nin públicos cesaron, polo que se esperan novos desenvolvementos, que axudarán a industria da enerxía eólica, a continuar o seu crecemento récord.

Combatendo a erosión no mar

A medida que o sector do vento crece, faise máis fincapé na redución dos custos e o mercado vólvese máis competitivo. Isto abre novas portas á innovación, en varios sectores relacionados coa enerxía eólica.

Por exemplo, o custo de mantemento e a redución da ineficiencia das turbinas eólicas offshore pola erosión, estase convertendo nun factor importante, nas análises de custos dos proxectos eólicos offshore.

Debido ás condicións ambientais particularmente duras ás que se expoñen os parques eólicos mariños, requírense novas formulacións, tanto para os revestimentos como para as resinas compostas que se empregan.

A evidencia experimental demostra que incluso as erosións de menor contía poden causar perdas anuais de produción de enerxía eólica, de case un 2%, o cal fai patente o potencial que ten os innovadores que produzan recubrimentos duradeiros.

Este problema levou as empresas a investigar en todos os campos posibles, desde as resinas máis básicas ata o campo dos nanomateriais, en busca da solución a esta deterioración, que polo momento resulta implacable: xera perdas por ineficiencia e custos adicionais por reparación e mantemento dos sistemas de enerxía eólica offshore.

As turbinas domésticas

Un novo xiro innovador para a industria é o subministro de turbinas eólicas de escala doméstica como un servizo. Xa hai empresas que proporcionan aos seus clientes, sistemas de turbinas eólicas na súa propiedade, máis a cobertura dos custos de instalación e mantemento, a unha tarifa fixa mensual para subministrarlles todas as necesidades de electricidade.

Seguindo os pasos das recentes innovacións en aplicacións de enerxía solar fóra da rede, que resultan eficaces e accesibles, algunhas empresas están promovendo de maneira similar pequenas turbinas eólicas que brindan unha relativa autosuficiencia enerxética nos fogares. A clave aquí é facer que as turbinas de vento sexan funcionais, accesibles e duradeiras.

Pika Energy e Avant Garde Innovations (AGI) financiaron senllos proxectos particulares, que lograron crear turbinas similares a un ventilador doméstico, que colocadas no teito dun fogar son capaces de xerar enerxía limpa, suficiente como para cubrir as necesidades enerxéticas dunha familia tipo.

(Fonte: Axencias)