Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Baixa latencia e interconexión: crucial para o coche conectado

Nos últimos anos observouse que o papel dos nodos de internet e a súa importancia dentro da infraestrutura crítica de internet está a cambiar significativamente, posto que cada vez máis empresas alleas ao sector das telecomunicacións conéctanse directamente a un punto de intercambio de internet (IXP, siglas en inglés). O coche conectado é un excelente exemplo de produto conectado á rede dixital e a industria do automóbil está a desempeñar un papel pioneiro neste desenvolvemento.

A aposta polos drons espera mobilizar 540 millóns se recibe Next Generation

O polo aeroespacial leva mobilizados 164 millóns de euros a partir dun investimento público de 58 millóns e a nova folla de ruta, que marca a estratexia a seguir até 2025, suma 70 millóns de euros máis. Pero o reto vai máis aló e a Xunta aposta polo polo aeroespacial de Rozas como un dos proxectos tractores que recolle a candidatura galega aos fondos europeos Next Generation, co que que podería chegar a mobilizar 540 milllóns de euros se consegue a colaboración do Goberno.

Unha adega galega ensaia con drons unha vendima máis rápida e ecolóxica

Primeira proba completada con éxito. Así resume a adega Terras Gauda o primeiro test do proxecto de cooperación internacional de robótica, intelixencia artificial e big data, que se desenvolveu en terras galegas coincidindo coa vendima. O viñedo do Rosal foi o campo piloto elixido en España para realizar este ensaio, que consistiu en comprobar como o sistema de robots deseñado no marco de FlexiGrobots complementa e serve de apoio ao labor que están a realizar os vendimiadores nun momento clave do ano para a adega, como é a recollida da uva.

As innovacións científicas chegan á sociedade

A ciencia galega ten moito que achegar á sociedade. Pero lograr que os avances desenvoltos nos centros de investigación cheguen a facerse efectivos no día a día da poboación non sempre é tarefa sinxela. A administración galega leva anos pelexando para lograr acabar precisamente con estas barreiras e acompañar aos centros de coñecemento galegos neste camiño.

A empresa tecnolóxica Primux, situada en Tecnópole, medrou un 20% en 2020

A empresa tecnolóxica Primux, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia e dedicada ao desenvolvemento de computadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios diversos, superou de maneira moi positiva o complexo ano da pandemia.

A galega Coinscrap logra 2,2 millóns para internacionalizarse (Tecnópole)

Aforrar sen decatarse é a proposta de Coinscrap, unha startup galega que leva en funcionamento desde o 2016. Trátase dunha aplicación para móbiles que redondea ao euro máis próximo calquera compra ou cargo na conta corrente. Automaticamente transfire eses céntimos de diferenza a un produto de aforro. Un servizo que lles valeu para pechar unha rolda de financiamento coa que captaron 2,2 millóns de euros, cos fondos Helvetia Venture e Faraday Venture Partners como principais investidores.

Adolfo Domínguez reinventa as súas tendas de moda e artesanía local

A firma de moda de autor Adolfo Domínguez reinventa o seu modelo de tenda para tratar de superar as turbulencias da crise xerada no sector pola pandemia e co afán de recuperar o brillo da época dourada da compañía. As cidades elixidas para estrear ese novo concepto de local foron Ourense, sede e orixe da firma, e México DF, capital do segundo mercado con maior expansión tras España para a firma liderada nesta nova etapa por Adriana Domínguez, filla do deseñador ourensán.

Galicia contará cun observatorio para o desenvolvemento da industria aeroespacial para ser “referente”

Galicia contará cun observatorio dedicado ao desenvolvemento da industria aeroespacial grazas a un convenio asinado co Consorcio Aeronáutico Galego por parte da Xunta, que fixa como meta facer de Galicia “un referente nacional e internacional”s deste sector.

O acordo de colaboración, dotado con case 600.000 euros para os vindeiros tres anos, recibiu o visto e prace da Xunta. O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, explicou que o obxectivo é “unir as industrias” do sector que operan en Galicia.

Plan autonómico

A automoción sufrirá a falta de chips polo menos até o segundo trimestre de 2022

A falta de semicondutores é un problema a escala global que afecta a todos os fabricantes e que está a deixar un regueiro de plantas paralizadas. As previsións máis optimistas sinalaban este segundo semestre e, principalmente, finais de ano como un posible punto de inflexión para que o abastecemento desta compoñente clave retomase a normalidade.

A falta de chips retrasa o tempo de entrega dalgúns PC de 45 días a cinco meses

Os fabricantes de PC, móbiles e outros equipos de electrónica de consumo dan a voz de alarma: non teñen suficientes chips para atender a demanda, acirrada pola pandemia, e os seus custos están a dispararse pola subida do prezo dalgúns compoñentes. ¿Consecuencia? Os prazos de entrega dos equipos están a ampliarse de maneira preocupante e o cliente acabará pagando máis polos dispositivos.

Ondas “calidade galega” para xerar enerxía

Galicia é a comunidade autónoma de España con maior potencial para xerar electricidade coas ondas. Destácao a Folla de ruta para o desenvolvemento da eólica mariña e das enerxías do mar en España que elaborou o Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Unha nova poxa de renovables inxectará enerxía barata ao sistema

A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, anunciou a convocatoria dunha nova poxa de enerxías renovables para inxectar ao sistema outros 3300 megawatts máis de tecnoloxías limpas que, ademais, cobrarán un prezo fixo pola venda das súas enerxías ao sistema durante os vindeiros anos. Trátase da segunda poxa do ano, pois en xaneiro celebrouse outra para 3000 megawatts eólicos e fotovoltaicos, que cobrarán unha media que non chega aos 30 euros por megawatt hora producido; ou sexa, un terzo do que custa estas semanas no mercado almacenista.

Páxinas