Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Dúas empresas de Tecnópole figuran no libro de 20 casos de éxito en innovación editado pola Xunta

Conexiona Telecom e Formato Verde son dúas das vinte empresas galegas destacadas como casos de éxito en innovación no libro editado pola Xunta de Galicia e presentado no marco dunha xornada celebrada na Coruña.

Un total de 450 estudantes participan na primeira xornada do Espectáculo de ciencia 'Raios e centellas'!

Un total de 450 estudantes participaron nas tres sesións celebradas en Tecnópole como inicio da xira do Espectáculo de ciencia 'Raios e centellas!', actividade programada para todo o mes de marzo tras o éxito obtido por 'Ciencia ou ficción '? durante o mes de febreiro. Este espectáculo, promovido pola Consellería de Economía e Industria e organizado por Tecnópole e Fundación Barrié, chegará ao longo das próximas semanas a máis de 2000 rapaces e rapazas en Santiago, Ferrol Vigo, despois de pasar por Ourense e Lugo.

Un laboratorio próximo a instalarse en Tecnópole ofrece próteses dentais gratuítas a pacientes portugueses

O laboratorio Estética Dental López, que ultima os trámites para comezar a construción da súa nave en Tecnópole, está a levar a cabo un proxecto solidario coa ONG portuguesa Mundo a Sorrir para ofrecer dez próteses dentais cada mes a persoas sen recursos.

O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Ourense en Tecnópole alcanza en febreiro a ocupación total

O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Ourense en Tecnópole alcanzou en febreiro o cen por cento de ocupación con todos os seus niños -un total de 16- a pleno uso. O incremento da actividade neste centro deixouse sentir tamén nas solicitudes de espazo, con dous proxectos máis en lista de espera que aínda están pendentes do Comité de Valoración.

Arrancan os trámites para a aprobación da nova Lei de Investigación e Innovación de Galicia

O anteproxecto de Lei de Fomento da Investigación e a Innovación en Galicia iniciou o seu período de exposición pública, durante o cal estará aberto a alegacións antes de iniciar o trámite parlamentario.

O IGAPE convoca axudas á internacionalización das empresas galegas

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), convocou as súas axudas para a internacionalización das empresas galegas.

Aimen deseña un innovador dispositivo de fabricación de pezas con múltiples aplicacións en diferentes sectores industriais

O centro tecnolóxico Aimen desenvolveu un sistema pioneiro para o mecanizado de materiais brandos, baseándose nunha cela robotizada que posibilita a fabricación de prototipos de gran tamaño en distintos soportes (porexpan, escumas de poliuretano, foam, resina de alta densidade, madeira, etc.), que pode ser aplicado en diferentes sectores industriais, como o aeroespacial, a automoción, o naval, o sanitario ou o madeireiro, entre outros.

O Senado emitirá un informe con medidas de apoio á I+D+i das pemes

O Senado acordou a creación dun relatorio de estudo para que emita un informe con medidas de apoio á tarefa de investigación e desenvolvemento que realizan as pequenas e medianas empresas. Este relatorio, segundo o acordado por todos os grupos, crearase no seo da Comisión de Economía e Competitividade.

A UE crea dúas novas asociacións europeas para a innovación

O abastecemento de materias primas, a agricultura sustentable e o envellecemento activo e saudable son tres temas de enorme importancia aos que se enfronta a UE hoxe en día e resulta esencial dar con solucións eficaces os retos que supoñen para fomentar o crecemento e o emprego. Neste sentido, a Comisión Europea desvelou o 29 de febreiro os seus plans de creación de dúas novas asociacións europeas para a innovación (AEI) que contribuirán sobremaneira a solucionar os devanditos retos. Concretamente, unha tratará sobre materias primas e a outra sobre sustentabilidade e produtividade agrícola.

Universidade e empresa únense para construír edificios sustentables

A Universidade de Zaragoza e o Centro de Investigación de Recursos e Consumos Enerxéticos (Circe) liderarán o maior proxecto europeo conseguido ata a data en Aragón. Trátase da iniciativa NEED4B (New Energy Efficient Demostration for Buildings), da que formarán parte un consorcio formado por 16 universidades, empresas e centros tecnolóxicos europeos, cuxo obxectivo  é a construción de edificios sustentables no Vello Continente. A Comisión Europea achegará, dentro do VII Programa Marco de I+D, un total de 9,5 millóns para o financiamento do proxecto, que comprometerá un investimento superior aos 200 millóns.

Biolacas de residuos de tomate para as conservas

Cada ano xéranse uns 300 millóns de toneladas de residuos de tomate na Unión Europea. Escouras que se xeran especialmente pola industria dedicada a producir concentrado de tomate. Na actualidade, as peles e sementes utilízanse basicamente para alimentar o gando. O resto, a gran maioría, hai que eliminalo, co conseguinte custo.

Unha lámpada para toda a vida

A empresa española OEP Electrics desenvolveu unha tecnoloxía especial enfocada a fabricar unha liña de iluminación aplicada á tecnoloxía LED que ten unha duración de por vida.

Páxinas