Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Investigan a transformación de residuos en materiais de construción

Os residuos provenientes da agricultura e a silvicultura percíbense cada vez máis como unha fonte útil para a produción de combustibles ou produtos químicos limpos sustentables e alcanzables de gran valor. Para materializar todo o potencial da biomasa non comestible baseada na celulosa e dos residuos agrícolas como unha alternativa hipocarbónica aos combustibles fósiles é fundamental avaliar a súa prevalencia.

Crean un robot que sabe que é un robot sen que llo digan

"Penso logo existo", dicía Descartes. Os seres humanos temos unha grande autoconciencia. Somos capaces de imaxinarnos a nós mesmos, proxectarnos en escenarios futuros e aprender revisando experiencias pasadas e reflexionando sobre o que saíu ben ou mal. A maioría dos robots, en cambio, aínda non saben sequera que é o que son. Teñen que utilizar modelos proporcionados por humanos, ou aprender mediante probas e erros laboriosos que requiren moito tempo.

APTE conecta as ofertas e demandas de colaboración entre empresas e entidades dos parques tecnolóxicos españois

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) acaba de poñer en marcha un servizo online de intercambio de ofertas e demandas de colaboración procedentes de empresas e entidades situadas nos parques científicos e tecnolóxicos e na súa contorna.

O coworking do CIS Madeira busca proxectos de emprendedores

O coworking de Ourense mantén aberta a convocatoria para incorporar proxectos empresariais. Trátase dunha iniciativa con sede no CIS Madeira, en San Cibrao das Viñas, que aposta pola promoción de novos proxectos empresariais innovadores.

Búscanse prioritariamente aqueles que teñan que ver co sector da madeira, aínda que non se exclúen outras actividades. Na última edición, impulsada conxuntamente pola Xunta e a Escola de Organización Industrial, dependente do Estado, serviu para apoiar 18 iniciativas empresariais.

Nace a primeira aceleradora do sector aeronáutico e vehículos non tripulados, BFAero

O Consorcio Aeronáutico Galego presentou en Vigo a Business Factory Aero, a primeira aceleradora do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados de Galicia, BFAero; unha iniciativa que promove en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, Indra, CTAG e Fundación CEL.

O 93% das empresas españolas aumentará o seu presuposto en innovación nos próximos dous anos

A innovación ocupa un lugar estratéxico nas empresas españolas, ata o punto de que o 93% destas ten pensado incrementar o presuposto destinado a esta área, segundo datos ofrecidos por Deloitte. Desta forma, España sitúase á cabeza da innovación, por enriba da media europea do 88%, ocupando o segundo posto no ranking de países con maior porcentaxe de compañías que aumentarán o investimento en innovación.

Empresas españolas e estranxeiras xa queren adquirir tecnoloxía do último satélite vigués

Hai pouco máis dun mes lanzouse ao espazo o Lume-1, o cuarto satélite creado na Universidade de Vigo. Malia o seu escaso tempo en órbita, a tecnoloxía ou carga útil que transporta, bautizada como Tótem, xa suscitou o interese de empresas españolas e estranxeiras para adquirila, segundo explica Aaron Nercellas, un dos cofundadores a spin-off Alén Space, xurdida a partir do traballo desenvolvido na Universidade de Vigo.

A automoción galega culmina con éxito un prototipo europeo que logra que a batería gaste un 57% menos

"O coche do futuro será eléctrico", afirma con rotundidade Luis Moreno, director xeral do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), cada vez que ten oportunidade. Esta infraestrutura de innovación para o automóbil, situada no Porriño, é un dos catorce socios de nove países da Unión Europea, que deron coa solución para que o vehículo eléctrico gañe autonomía.

O hotel do futuro: espellos intelixentes, robots e cuartos personalizados

Robots repartidos polo hotel, espellos intelixentes capaces de recoñecer emocións ou unha televisión invisible. O hotel do futuro presentouse na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que este ano contou con 886 expositores titulares e máis de 10.487 empresas de 165 países e rexións.

As dez startups que van decidir o futuro das cidades sustentables

Arranca a primeira edición de Gamechangers & Cities, programa de apoio ao emprendemento de impacto social en cidades sustentables liderado por UnLtd Spain, Ferrovial Servicios e a Universidad Camilo José Cela, coa presentación dos dez proxectos que participarán durante os próximos seis meses.

Un dispositivo flexible produce electricidade a partir do wifi

Imaxina un mundo onde os teléfonos móbiles, os ordenadores portátiles, os reloxos intelixentes e outros aparatos electrónicos funcionasen sen baterías. Investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, en EE UU) e outros centros internacionais deron un paso nesa dirección, presentaron o primeiro dispositivo totalmente flexible que pode converter a enerxía dos sinais wifi en electricidade.

Os aspirantes a expoñer proxectos na Galiciencia 2019 teñen ata o 11 de marzo para presentar as súas ideas

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2019 ata o próximo 11 de marzo. A cita coa maior feira científica de Galicia está fixada para os días 8, 9 e 10 de maio, coa saúde e os bos hábitos como temática central. Os proxectos relativos a este campo competirán polo premio da categoría especial do certame.

Páxinas