Nace a grande alianza española polo blockchain

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Naceu Alastria, un consorcio formado polas principais compañías españolas de banca, enerxía e telecomunicacións para promover o blockchain español. Esta organización, sen ánimo de lucro, desenvolverá a tecnoloxía de rexistros contables compartidos, chamada a converterse no novo ecosistema de intercambio de datos e que habilitará e acelerará a transformación dixital de distintos sectores industriais e empresariais nos próximos anos grazas á súa axilidade.

Endesa, Telefónica, Santander, Repsol, Iberdrola, Indra, Banco Sabadell, Accenture, Bankia, BBVA, Caixabank, Fujitsu... Todas estas empresas, ata completar 70 das maiores compañías e institucións de distintos sectores, crearon unha plataforma aberta a que se adhiran aínda máis organizacións, startups, pemes, grandes corporacións, universidades e outros actores de todos os sectores en España.

"Non é sinxelo que tantas compañías de tanta relevancia decidan apostar xuntas un proxecto dende o seu mesmo nacemento. Esa é a mellor mostra do incrible potencial que teñen tanto esta tecnoloxía como o consorcio", declarou Julio Faura, presidente de Alastria. Nesta liña, engadiu que "debemos sentirnos orgullosos de que un proxecto pioneiro e inédito en todo o mundo nacera en España, o que coloca as industrias do noso país á vangarda en materia de transformación dixital".

Por outro lado, Alex Puig, CEO de Alastria, apuntou que o blockchain ten o potencial "para converterse no maior avance da historia na forma na que compartimos calquera elemento dixital, xa sexa un documento, un servizo, unha entrada para un espectáculo ou diñeiro. Neste sentido, incidiu en que o nacemento do consorcio era necesario porque "Internet se está a reinventar para que poidamos compartir e facer negocios de forma verificada e segura, pero é necesario un estándar que permita a todas as industrias e a comunidade de desenvolvedor traballar cunha mesma base".

Así, a rede Alastria constituirá unha plataforma compartida sobre a cal os distintos participantes, e en especial as grandes empresas, poderán crear representacións dixitais dos activos cos que traballan na súa actividade económica habitual, tamén chamados tokens. Con estes tokens é posible lanzar novos produtos e servizos de corte innovador, ademais de poder desenvolver os procesos actuais de forma máis rápida, segura e eficiente. Desta forma, a rede permite acelerar a transformación dixital dos procesos actuais, e habilita un novo paradigma de innovación colaborativo e multisectorial de forma moi eficiente.

"O obxectivo é transcender o ámbito empresarial; por iso solicitamos a apertura de vías de colaboración para identificar casos de uso nos organismos públicos e monitorizar aqueles servizos que están en proceso de estudo e análises", explican dende o novo consorcio.

(Fonte: Innovaspain)