Nace a alianza internacional de ciberseguridade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Telefónica (España), Etisalat (Emiratos Árabes Unidos), Singtel (Singapura) e SoftBank (Xapón). Estas son as catro grandes telcos que se uniron para, por primeira vez, conformar unha alianza internacional que ofreza servizos en materia de seguridade cibernética. Este consorcio, con máis de 1200 millóns de clientes e presenza en máis de 60 países dos cinco continentes, pretende protexer empresas ante un ámbito de ciberseguridade cada día máis complexo.

A Alianza Global de Seguridade -así se bautizou- compartirá intelixencia de rede sobre ciberameazas aproveitando o seu alcance global, os seus activos e a súa capacidade en materia de ciberseguridade para chegar a clientes de todo o mundo -entre as catro compañías suman 22 Centros de Operacións de Seguridade (SOC, en inglés) a nivel internacional e empregan máis de 6000 expertos de ciberseguridade-. Así mesmo, e segundo o comunicado da presentación, a alianza "ten a capacidade de dar soporte aos clientes de todos os seus membros en calquera lugar e en calquera momento, permitindo responder con rapidez ás ameazas de seguridade cibernética", algo vital no mundo da ciberseguridade.

Para a representante española da coalición este proxecto "é un gran paso adiante para complementar a nosa capacidade de desenvolvemento como provedor de servizos xestionados de seguridade intelixentes e seguir brindando un crecemento excepcional". Esta declaración, pertencente a Pedro Pablo Pérez, vicepresidente de Seguridade de Telefónica e director da unidade de Ciberseguridade de Telefónica, Eleven Paths, coincide coa principal idea que quixeron transmitir tras a firma: que esta alianza axudará a todos os seus membros a ofrecer innovación disruptiva que permita protexer a vida dixital dos nosos clientes".

Cabe dicir tamén que a Alianza Global de Seguridade non é unha liga pechada. De feito, un dos seus grandes obxectivos é o de expandir a súa presenza global, xa que están "abertos á incorporación de novos membros no futuro".

Desenvolvemento de novas tecnoloxías

As catro telcos tamén puxeron de manifesto a súa intención de "desenvolver novas tecnoloxías". Por suposto, todas elas relacionadas co sector da seguridade en Internet, como a análise predictiva mediante machine learningy a seguridade cibernética avanzada para o Internet das Cousas. Ademais, a alianza internacional está a estudar a posibilidade de levar a cabo un desenvolvemento común do seu catálogo de servizos de seguridade, así como explorar investimentos conxuntos en produtos e servizos de seguridade, SOC, plataformas, empresas e I+D.

(Fonte: Innovaspain)