Muving recibe o Premio á Mobilidade Eléctrica Sustentable e xa mira a Estados Unidos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Hai algo menos de medio ano, a startup Muving consolidábase como referente do 'motosharing' en España ao ser considerada como a máis innovadora de 2017 segundo OMExpo. O seu novo fito foi lograr o galardón á Mellor Actuación en materia de Mobilidade Eléctrica, concedido pola Asociación de Axencias Españolas de Xestión da Enerxía, ENERAGEN, nuns premios que alcanzan xa a súa décima edición e que constitúen un recoñecemento público das axencias de enerxía ás mellores accións desenvolvidas para fomentar a sustentabilidade enerxética nas cidades.

Muving concorreu aos premios presentando a súa iniciativa de mobilidade interconectada e intelixente en ámbitos urbanos e interurbanos, que puxo en marcha a xeito de experiencia piloto entre cidades como Cádiz e O Porto de Santa María ou entre Sevilla e a localidade próxima de Montequinto. "Dende o noso nacemento, o obxectivo foi ofrecer un servizo útil, respectuoso co medio ambiente que solucione os problemas de mobilidade das persoas e do conxunto dunha cidade", explica Horacio Pérez, CEO da compañía, que valora o premio como "unha motivación para seguir crecendo".

Pérez avanza que a empresa exportará este modelo de mobilidade a Estados Unidos, concretamente a Atlanta, cunha frota de 78 motos e posteriormente a Miami, "convertíndonos así na primeira empresa de 'motosharing' europea en dar o salto a Estados Unidos". Polo momento, Muving ten presenza en once cidades espanfiolas e superou os 117.000 clientes. Posúe a maior frota de vehículos eléctricos de España, é a única compañía de 'motosharing' que ofrece vehículos L3 (equivalente eleÏctrico a 125) e suma máis de tres millóns de quilómetros percorridos, cos que aforrou a emisión ao medio urbano de 240 toneladas de CO2.

(Fonte: Innovaspain)