MRW realiza probas para a entrega a través de drons

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
MRW realizou probas para a entrega a través de drons. A empresa de transporte española traballa coa compañía de drons catalá, HEMAV, para facer posible a entrega a través de drons en zonas de difícil acceso ou en medios rurais.

Empresas a nivel internacional xa traballan neste método para os seus envíos. Amazon fixo público a finais do pasado ano un novo prototitpo de avións non tripulados para repartir os paquetes en menos de 30 minutos. Tamén Google anunciou en novembro que comezaría o seu sistema de envíos con drons a partir de 2017. Agora MRW quere sumarse a elas co fin de chegar a todas as zonas. A maior barreira que atopan as empresas nestes novos retos atópanse a nivel lexislativo, operativo e de seguridade, explica a compañía nun comunicado.

 "Actualmente, as empresas de transporte temos unha gran dificultade ao repartir en zonas rurais ou de complicado acceso, polo que a entrega con drons optimizaría de xeito significativo a repartición dos envíos. Ademais, como consecuencia redúcense os tempos de tránsito da entrega. Por estas razóns, dende MRW estase a investigar a viabilidade desta modalidade de entrega", conta un membro do Comité de Dirección de MRW, Guillem Pérez.

De momento este proxecto só está pensado para entregas de medicamentos, desfibrilador e elementos que se necesiten en caso de emerxencia. Malia que aínda o desenvolvemento está na súa primeira fase, segundo explican os propios involucrados, teñen como reto habilitar escenarios de paquetería en portos e zonas rurais. "A visión a longo prazo inclúe a entrega de paquetería e habilitación de zonas de aterraxes así como que se autoricen os voos 100% automáticos e as operacións en cidade", expón o director de HEMAV, Carlos Ferraz.

 "Tecnoloxicamente, a industria xa está preparada para a utilización de drons en distribución punto a punto de paquetería. Aplicar drons nos envíos supón acurtar distancias, complementar a entrega e dar un valor engadido a sectores como a saúde e a medicina", engade Ferraz.

(Fonte: Agencias)